lunes, 12 de noviembre de 2012

FOTO DENUNCIA


O PSdeG-PSOE de Fene Denuncia o Estado de Abandono do Paseo Marítimo de San Valentín


O Grupo Municipal Socialista de Fene esixiu no pleno do pasado xoves unha solución á falla de mantemento do Paseo Marítimo de San Valentín.



A falla de planificación nas labores de mantemento están a provocar que abunden líquenes e hongos no chan do paseo marítimo de San Valentín convertindo este nunha superficie esvaradiza propicia para os accidentes especialmente para os pequenos e os maiores.
  
A desidía do Goberno Municipal e falla de continuidade nas tarefas de limpeza están a provocar a proliferación de pequenos vertedoiros e a deficiente limpeza nas zonas destinadas ó paseo e o lecer.

A deixadez e ineficacia do actual goberno municipal do Partido Popular está a converter unha zona de lecer nunha preocupación para os cidadáns de Fene.

O Grupo Socialista do Concello de Fene esixiu no pleno do pasado xoves día 8 de novembro o adecentamento do paseo marítimo de San Valentín.


Fene, a 11 de novembro de 2012.


Antón Noceda Carballo
Secretario Xeral PSdeG-PSOE de Fene

No hay comentarios:

Publicar un comentario