martes, 9 de octubre de 2012

O VINDEIRO LUNS ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O PROGRAMA DE SENDEIRISMO DE OUTONO DO CONCELLO DE FENE



A concellería de Deportes organiza dúas novas rotas de sendeirismo para este último trimestre do ano. O sábado 27 de outubro celebrarase a primera “por terras de Abegondo” e o sábado 17 de novembro será a segunda, “pola senda Ártabra”. As persoas interesadas en anotarse deben pasar, a partir do vindeiro luns, polas dependencias administrativas da Concellería de Cultura e Deportes (Avda. Naturais, 44, entrechán), de luns a venres entre as 9:30 e as 13:30 horas. O prazo de inscrición pecharase dous días antes da realización de cada marcha.

            Na primeira das rotas por terras de Abegondo (o 27 de outubro), os participantes percorrerán unha distancia aproximada de 18 kilómetros dende o embalse de Beche (Folgoso) ata Betanzos. Na segunda (o 17 de novembro), camiñarase pola senda Ártabra dende Ponzos ata Meirás, percorrendo unha distancia aproximada de 15 km. Námbolos dous casos, a dificultade é media. A saída efectuarase dende o concello de Fene ás 9 da mañá e o retorno está previsto sobre as 5 da tarde. A cota de inscrición ascende a 10,45 euros por marcha.

            Segundo informan dende a Concellería de Deportes de Fene, para participar no programa de sendeirismo de outono do Concello de Fene cómpre ter unha idade mínima de 12 anos (os menores desta idade poderán participar baixo responsabilidade materna/paterna). Ademais, os menores de idade deberán ir acompañados dun adulto. As prazas -40 en cada marcha- cubriranse por rigorosa orde de inscripción, tendo en conta que para a realización das mesmas, deberán cubrirse alomenos o 50% das prazas ofertadas.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓN nas dependencias administrativas da Concellería de Cultura e Deportes, Avda. Naturais, 44 entrechán. Teléfonos: 607.615.962 / 981 340 366, de luns a venres entre as 9:30 e as 13:30 horas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario