viernes, 4 de noviembre de 2011

Nota de Prensa del PSOE

O PP vota en contra da moción do PSOE para esixirlle á Xunta que repoña o profesorado suprimido nos colexios públicos de Fene


Unha vez perpetrado o atentado do Partido Popular contra o ensino público de Fene, que supuxo a reducción para este curso duns 10 mestres/as nos colexios de Os Casais (Maniños) O Ramo (Barallobre) e Centieiras (Perlío) ademais da supresión do Instituto de FP e o traslado a Ferrol de todos os ciclos superiores e parte dos medios que se impartían en Fene, o Partido Socialista levou ao pleno de onte unha moción na que se lle esixe á Xunta de Galicia que de cara ao vindeiro curso repoña o profesorado suprimido.

Tal e como afirma Iván Puentes, “non hai unha reducción de alumnado que sustente esta decisión tan inxusta, a única razón que explica o sucedido é o desexo do PP de deteriorar o ensino público.”

A moción socialista foi aprobada cos votos a favor do propio PSOE, máis os do BNG e Esquerda Unida. Sorprendentemente, en palabras de Puentes, “o PP de Fene co Alcalde á cabeza decidiu unha vez máis poñer os intereses de Feijoo e do seu partido por riba dos do veciños e veciñas e votou en contra da moción.”

Ademais desta moción, os socialistas tamén presentaron no Pleno un conxunto de iniciativas a través das que se lle solicita á Xunta de Galicia a adopción de diversas medidas para mellorar o ensino público en Fene, tales como o cumprimento do Pacto Local no que se refire á asunción por parte do Goberno de Galicia dos gastos derivados do mantemento dos colexios de primaria, agora sufragados polo Concello, a asunción dos dous comedores escolares (Centieiras e o Ramo) do municipio, que agora pagan os pais e nais xunto co Concello ou a rectificación na política de becas de axuda ao estudo do goberno de Feijoo, que supuxo xa este ano a reducción do 50% das contempladas para estudantes de FP e do 25% das universitarias.

Por último, o PSdeG-PSOE votou a favor da moción presentada polos Comités de Empresa de Navantia Fene e Ferrol para apoiar a mobilización comarcal deste domingo, esixindo a construcción do dique flotante para os estaleiros da ría de Ferrol.

Tamén apoiaron os socialistas a moción presentada pola Confraría de Mar¡scadores de Barallobre reclamando o urxente saneamento da Ría e o pago regular por parte da Xunta de Galicia das axudas que perciben os traballadores/as do mar mentres ese saneamento non sexa unha realidade.

Taxas e Impostos Municipais

O PP de Fene someteu ao pleno de onte a aprobación das taxas e impostos municipais para o vindeiro ano. O PSOE favoreceu coa súa abstención a aprobación da proposta para conxelar, non aplicando nin siquiera o IPC, a meirande parte destas taxas e impostos.

Tamén coa súa abstención propiciaron os socialistas a actualización da taxa pola recollida do lixo, á que se lle aplica únicamente o IPC, o que supón unha conxelación técnica e a creación dunha nova ordenanza, xa prevista polo anterior goberno socialista de Fene, para cobrar unha taxa por dereitos de exame a todas aquelas persoas que opten a unha praza de funcionario nos diversos procesos selectivos, agás as persoas en paro.

Por último, o anunciado voto en contra do PSOE, do BNG e de Esquerda Unida fixo que ao final o PP retirase durante o transcurso do Pleno a súa proposta para cobrar polos matrimonios civís que se celebren na casa do Concello. O PSOE considera inxustificable que se eliminen todos os servizos, como música e megafonía, que o Concello poñía antes a disposición dos contraentes nas cerimonias civís e que por riba se pretenda cobrar a cambio de nada. En todo caso, sí que respaldan os socialistas que se aprobe una taxa para cobrar pola celebración de matrimonios de persoas non empadroadas no Concello, pero non para os feneses/as, que xa pagan cos seus impostos os gastos de luz e limpeza da Casa do Concello.

A pesar da súa abstención, o portavoz do PSOE foi moi crítico co Partido Popular na súa intervención, Iván Puentes acusou ao Goberno de Local de “total improvisación e irresponsabilidade” xa que non se elaborou nin un mínimo estudo económico no que poder basarse á hora de decidir que facer con cada taxa.

Ademais, non aplicar o IPC ás taxas e impostos municipais significa que o vindeiro ano o Concello vai deixar de ingresar uns 50.000 euros, que terán que ser pagados igualmente cos cartos de todos os veciños e veciñas a través do presuposto do Concello. O máis grave é que o PP de Fene non sabe ou polo menos non di de onde vai sacar eses cartos. O PSOE está convencido que se obterán do único xeito posible, recortando e reducíndolle servizos a todos os veciños e veciñas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario