viernes, 4 de noviembre de 2011

Comunicado de BNG de Fene

O ALCALDE DE FENE ESQUECE INCLUIR NA ORDE DO DÍA A CONXELACIÓN DAS ORDENANZAS FISCAIS

Logo de 5 meses o goberno local da síntomas de improvisación. O Alcalde esqueceu incluir na orde do día do Pleno a proposta de conxelación das ordenanzas fiscais. O PP fallou no fondo e na forma de plantexar a modificación das ordenanzas fiscais para o ano 2012.
Este “esquecemento” provocou que o Pleno fora desordenado. Os catro primeiros puntos da orde día foron relativos ás ordenanzas fiscais. Por unha banda a creación de dúas novas taxas, unha polos dereitos de exame e outra pola celebración de matrimonios civís, e por outra banda a aplicación do IPC do 3,1 % na ordenanza fiscal do servizo de recollida do Lixo e a modificación do Imposto de construccións. O esquecemento do Alcalde fixo que tanto PP como PSOE falasen no primeiro punto da cuestión da conxelación, a pesar da petición expresa do BNG de que se incluise como primeiro punto na orde do día. Ao remate dos 11 puntos da orde do día incluiuse o asunto da conxelación reabrindo de novo o debate.
Para o BNG é demagóxico plantexar unha conxelación practicamente total sen facer un estudo das ordenanzas no seu conxunto. Desde as filas nacionalistas pedimos a retirada das dúas novas ordenanzas fiscais. O PP quedou sen apoios e asumiu a retirada da ordenanza das celebracións de matrimonios.
O grupo de goberno plantexou unha reforma fiscal para o ano 2012 sen facer unha análise da situación económica do concello e sen avaliar os servizos que presta, tampouco creou medidas para favorecer as familias máis desfavorecidas na actual situación de crise, nin favorecer aos emprendedores e ao comercio e hostalería local. Medidas reclamadas dende o BNG desde o mes de setembro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario