![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgIjxvAGDAmeM5CZMSGAXn-N_Qd-_SoPmNYxG3xQiCiE6x4kPWaJ1s4VMyZyFuejrH2XhgqGfiJrDPFgC4qKee5aXRsactavxwHkBM5uiHgGgwx86iIh_Gbu-r12j56YNLrgAbOP_JLhVM/s400/2.jpg)
O cabeza de cartel da candidatura nacionalista participará maña sábado 5 de novembro no mitin de campaña que terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Fene ás 20.30 horas. O acto, conducido polo portavoz do BNG no Concello de Fene, Juventino Trigo, contará, ademais de Francisco Jorquera, coa candidata número tres da lista do Congreso, a pontesa Jessica Fernández Polo.
Este será o inicio dunha campaña electoral na que a proximidade e de contacto directo coa sociedade fenesa será o punto máis destacado. Seguindo a liña habitual na formación nacionalista realizaranse actividades públicas nas que se explicitarán as propostas que o BNG defenderá no Parlamento do Estado.
Contacto personalizado para facer chegar á cidadanía que existe alternativa, unha alternativa galega e de esquerdas, que o voto útil está no BNG. A nosa organización está motivada e mobilizada para facer posible que a voz da Galiza se escoite alto e claro en Madrid.
En Fene esta realidade coñécese ben, a defensa do traballo no estaleiro ten sido unha constante no traballo dos representantes parlamentares do BNG, nomemadamente Francisco Jorquera, é un compromiso permanente de cara ao futuro traballo dos/as parlamentarios/as do Bloque Nacionalista Galego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario