lunes, 4 de octubre de 2010

Fene pon en marcha un proxecto de mediación xuvenil, voluntariado e participación social orientado aos xóvenes

Dende a área de Dinamización Social, Benestar e igualdade ponse en marcha este novo curso un proxecto de mediación xuvenil que ten como base o centro educativo. A idea principal é crear unha rede de mediadores/as que sirva de nexo entre as administracións locais e a xuventude co fin de fomentar a participación xuvenil na comunidade, reforzar o tecido asociativo e desenvolver campañas de prevención e información de forma máis próxima e eficaz.

As persoas destinatarias deste programa son os rapaces e rapazas que están cursando 3º e 4º da ESO e 1º de bacharelato, nos centros escolares de IES Fene, C.P.I A Xunqueira e C. Jorge Juan.
As actividades a realizar son
  • - Semana do voluntariado
Esta fase conta cunha sesión de cincuenta minutos nas aulas, nun total de 12 grupos ( 9 en secundaria e 3 en bacharelato).
Realizarase unha presentación moi dinámica do que é a participación social, o voluntariado e a mediación xuvenil e se captará ao alumnado interesado en asistir ao Curso de Mediación Xuvenil
  • . Curso de Mediación
Unha vez captado o grupo de voluntariado, acordarase coas persoas que o conforman, un horario extraescolar para levar a cabo o curso de Mediación, de dúas horas e media durante catro días.
Unha vez formados os rapaces/as, estes desenvolverán o seu papel de informantes clave dentro dos centros educativos, encargándose de xestionar un punto de información xuvenil a través dun taboleiro no que se plasmará información relevante para os rapaces/as. Para isto, establecerase un contacto regular con eles/as co fin de informalos das actividades dirixidas á mocidade dentro do concello e recibir posibles suxestións ou demandas deste colectivo.

En que datas se realiza?

Sesións nos centros escolares. Semana do voluntariado
Inicio o 4 de outubro ate o 15 de outubro.

Curso de mediación xuvenil :finais de outubro, principios de novembro.

Dinamización e coordinación de grupos xuvenís: Información de actividades.
Novembro e decembro.

Que profesionais participan?
A técnica municipal, responsable do programa será a pedagoga, Mª José Paz, encargada de coordinar as distintas actividades. As intervencións directas coa mocidade serán desenvolvidas por persoal técnico especializadas en educación social.

MÁIS INFORMACIÓN: SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE FENE
Avda. Naturais, 44 – entresollado
981 34 26 07 - 981 49 27 06

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario