lunes, 4 de octubre de 2010

Fene potencia o seu parque de seguridade vial con máis programas e solicita a sinatura dun convenio entre a policía local e tráfico

Carmen Silvar, ó Xefe Provincial de Tráfico Pedro Pastor e Juan
Lourido, na entrevista que mantuveron esta maña na Coruña


O Goberno de Fene quere potenciar o seu parque de educación vial de Barallobre e para elo estuda un ambicioso plan de programacións para colexios e centros de ensino de toda a Comarca así como charlas de técnicos de tráfico a peóns adultos coa intención de orientar ás persoas maiores no tránsito por vías, beirarruas, paso de peóns, etc…O concelleiro de seguridade Juan Lourido, a concelleira de cultura Carmen Silvar e o xefe interino da policía local José Saavedra viaxaron esta mañá á Coruña para entrevistarse co Xefe Provincial de Tráfico Pedro Pastor. Os representantes feneses asinaron a entrega de 12 cascos para bicicletas para o parque de educación vial. Tamén recolleron dípticos, folletos informativos e material audivisual para ilustrar e completar os programas de educación vial previstos para colexios e centros de ensino. O Goberno de Fene informa que, próximamente, se celebrará unha reunión da Xunta Rectora do parque de educación vial para tratar o tema do ciclo de programación coa Coordenadora de Educación Vial Rosa Mahia.


Convenio entre tráfico e policía local de Fene


O concelleiro de seguridade Juan Lourido e o xefe interino da Policia Local José Saavedra mantiveron xestións en Tráfico coa intención de asinar un convenio entre a Xefatura Provincial de Tráfico e o Concello coa idea de potenciar o traballo de intendencia e de loxística da propia policía local de Fene. Búscase o acceso do corpo policial fenés á base de datos de tráfico e tamén poder compartir os rádares móviles e os controis de alcoolemía que Tráfico pon a disposición doutros corpos policiais, neste caso municipais.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario