O alcalde de Fene Iván Puentes solicitou unha nova entrevista con Agustín Hernández para retomar o proxecto de abastecemento de auga a Magalofes
O Concello de Fene financiará parte da obra cunha partida de 180.000 euros repartidos en catro anualidades de 45.000 euros. O rexedor fenés espera que a Xunta se comprometa a facer frente ao resto do proxecto
O proxecto inclue o abastecemento de auga a Magalofes e o abastecemento e saneamento de fecais en San Marcos e outros núcleos rurais de Sillobre
O pasado mércores o Goberno de Fene e os representantes dos grupos políticos da Corporación Municipal acordaron xunto coas Asociacións de Veciños San Ramón de Sillobre, San Marcos e San Xurxo de Magalofes enviar un escrito ao conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia Agustín Hernández onde se lle solicita que teña a ben iniciar canto antes o procedemento preciso para a licitación e execución destas obras prioritarias e urxentes para as veciñas e os veciños destes lugares de Fene. O alcalde de Fene Iván Puentes mantivo hai uns meses unha xuntanza co propio responsable da Consellería de Medio Ambiente para ver as posibilidades de relanzar o proxecto. Agustín Hernández emprazou ao Concello a estudar formulas de cofinanciamento como requisito previo para retomar o tema por parte da Xunta de Galicia. O Concello de Fene aprobou no seu documento de orzamentos para o 2010 a posibilidade dunha dotación económica para esta obra.
Deste xeito está previsto un investimento de 180.000 euros aportados en catro anualidades de 45.000 euros. Ademáis o Concello tamén contribue co financiamento do estudo dos proxectos, a compra ou cesión dos terreos precisos e, no caso do abastecemento de Magalofes, o desdobre da canalización nun dos lados da estrada provincial pola que discorre a rede principal, así como a distribución capilar posterior ás diferentes vivendas da parroquia.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario