sábado, 25 de septiembre de 2010

O Pleno do Concello de Fene aproba a renovación da rede de abastecemento de auga na rúa Alta e da Torre en Perlío

A actuación implica a renovación da rede de abastecemento nestas duas ruas da zona urbana de Fene cun investimento de 308.000 euros

Con esta actuación compleméntase a renovación da rede na avenida Naturais, rúa da Fraga e Porta do Sol en Fene nos dous últimos anos

A obra realízase cunha subención da Deputación de A Coruña para a renovación de redes vellas e defectuosas


O Pleno do Concello de Fene aprobou esta semana en sesión extraordinaria o proxecto de renovación da rede de abastecemento de auga nas rúas Alta (preto de Centieiras) e na rúa da Torre (arredor do cruceiro de Perlío). Son zonas densamente poboadas, dentro da demarcación urbana de Fene e que tiñan rede de fibro-cemento, que os expertos recomendan cambialas. Ademáis este tipo de rede orixinaba moitas roturas nos últimos anos, como certifica a empresa concesionaria Aquagest. A actuación significa un investimento de 308.000 euros que se suman aos investimentos da renovación da rede na céntrica avenida Naturais e tamén nos lugares da Porta do Sol e da rúa da Fraga, no centro do termo municipal. O proxecto complementa un compromiso do goberno de renovar parte da rede de abastecemento, que en Fene era de fibro-cemento, non recomendado pola Unión Europea e, deste xeito, rúas e avenidas céntricas de Fene teñen unha nova rede para moitos anos. Estas renovacións (Naturais, Porta do Sol, rúa da Fraga, rúa da Torre e rúa Alta) elevan o capítulo de renovación á considerable cifra de preto dos 600.000 euros. O Goberno de Fene afirma que seguirá neste proceso de renovación e de reforma dos servizos básicos do Concello, en busca dunha mellor e maior calidade de vida para as veciñas e os veciños. 

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario