Os nacionalistas piden que se incremente o prazo de alegacións pola complexidade do documento e a falla de información por parte da Xunta e o Concello
A piques de rematar o prazo de presentación de alegacións ao POL desde o BNG de Fene valoramos negativamente a súa aplicación no noso concello. Os aspectos nos que discrepamos na aplicación do POL son os seguintes:
1º.-O prazo de presentación de alegacións foi en agosto e setembro polo que na práctica o prazo real foi dun mes.
2º.- O documento é complexo, extenso e contradictorio en si mesmo o cal dificulta a súa comprensión e alegación ao mesmo.
3º.-Coa aplicación do POL en Fene redúcense as áreas de planeamento e o solo rústico apto para urbanizar coa conseguinte perda de valor do chan para os particulares e o propio concello.
4º.-O concello de Fene conta con planeamento urbanístico desde hai máis de 35 anos e coa aplicaión do POL parte do solo urbano cae na arbitrariedade e na interpretación do departamento correspondente da Xunta de Galicia
5º.- O POL é un instrumento necesario pero debe axustarse ás realidades e lexislacións existentes.
O BNG ven de pedir que o concello colabore na información ás persoas afectadas na presentación de alegacións. Animamos a todo o mundo afectado a alegar para mellorar o POL e sobre todo que teña en conta a realidade do noso concello e abandone o seu carácter arbitrario.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario