lunes, 9 de agosto de 2010

O GOBERNO DE IVAN PUENTES ABANDONA O POSTO DO CONCELLO DE FENE NO SPINNAKER

O BNG de Fene lamenta a escasa importancia dada polo alcalde de Fene, o socialista Iván Puentes, ao posto e á presenza institucional do Concello no Spinnaker 2010. O Stand de Fene careceu de información e de promoción local así como de persoal para atendelo durante os días que durou o evento na cidade de Ferrol. Fronte a isto os outros concellos da comarca tiveron unha presenza moito máis intensa. Ademais o Alcalde, como responsable de promoción económica e turismo, tampouco tivo ningunha presenza no evento, a diferencia doutros rexedores da comarca. Para o portavoz nacionalista, Manuel Polo “foi unha oportunidade perdida de amosar Fene con todas as súas potencialidades, dende o industrial ao comercial e gastronómico, pasando pola natureza e a arquitectura do noso concello “.
Un evento, Spinnaker, que foi un éxito de asistencia e que o único espazo desolado era o fenés, dando unha imaxe dun concello esgotado e rotineiro.

O BNG preguntará ao alcalde, por escrito, quen improvisou tal representación e lle pediremos explicacións.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario