Na imaxe, un dos elementos do parque saudable
partido en dous, e algún dos “grafittis”
Foto Diario de Ferrol
partido en dous, e algún dos “grafittis”
Foto Diario de Ferrol
O parque Castelao volve ser obxecto das iras dos desaprensivos que, unha vez máis, causaron destrozos no recinto. A pesar de que esta zona verde -en pleno proceso construtivo- está rodeada de edificios de vivendas non parece ser dabondo para disuadir aos cacos de que non provoquen destrozos. Se tempo atrás era a coñecida escultura de homenaxe ao paiaso a que sufría as iras dalgún desamprensivo hai uns días aprecían partido en dous un dos elementos do parque biosaudable que hai uns meses se instalou no lugar.
Os veciños da zona lamentan que non haxa máis presencia da Policía Local pola zona, xa que o parque convertiuse en punto de encontro de xente nova, sobre todo polas noites, que se adica a pintar todos os paneis repartidos polas distintas plantas do parque. Tamén é habitual que os ciclomotores circulen libremente polo céspede do recinto. En definitiva, parece que lonxe de convertirse nun referente galego, o parque Castelao necesitará de melloras continuas
Fuente:Diario de Ferrol
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario