A Asemblea local nacionalista convidou ás directivas do movemento asociativo fenés a participar neste convivio.
Mañá mércores 30 de decembro a Asemblea local do BNG de Fene convida a toda a súa militancia e simpatizantes a despedir o ano no local social da organización nacionalista situado no núm. 41 baixo da Avenida Naturais de Fene . Ao acto tamén están convidadas as directivas das entidades asociativas do concello. Está prevista a recepción das persoas convidadas a partir das 19:30 horas. Desde a responsable local Ana Santiago, anímase a participar no proxecto nacionalista a todas as persoas que apoien e valoren positivamente o proxecto do BNG, ao mesmo tempo que se desexa para o ano 2010 emprego para Fene e a comarca coa reactivación de ASTANO para a construcción de Barcos de todo tipo. En relación con isto o BNG estivo representado no hoxe no Parlamento Galego polo seu Portavoz municipal Manuel Polo e os concelleiros Ines Roca e Edgar Vigo para seguir en directo a defensa e a votación da ILP para que Astano poda facer Barcos de novo.
Dende o GM do BNG e dende o BNG fenes congratulamonos pola unanimidade recollida no parlamento galego a prol da ILP presentada pola Plataforma Rumbo 21.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario