AS MEDIDAS TOMADAS UNILATERALMENTE POR SOMGAMA ESTÁN A AFECTAR NEGATIVAMENTE A RECOLLIDA DOS ENSERES VOLUMINOSOS
Nota del BNG
O grupo municipal do BNG lamenta o estado de semi escombreira que están a padecer diferentes puntos do concello de Fene.
A recollida dos enseres voluminosos que se viña realizando con normalidade ata o mes de setembro está a sufrir unha deficiencia visible nas diferentes rúas do concello. A actitude unilateral de SOGAMA de suspender a recollida destes residuos xunto coa incapacidade do goberno local levan a esta situación.
Para a concelleira Ines Rora ( anterior responsable deste servizo) "o concello tería que ter previsto o reforzamento do servizo de recollida de voluminosos no mes de decembro, xa que as compras do nadal favorecen a sustitución de moitos enseres, tal e como se pode observar nas rúas do concello".
No BNG agardamos para o 2010 maior axilidade e previsión nos servizos municipais de limpeza. Esta cuestión será motivo de interpelación no próximo Pleno do mes de xaneiro.
.
E verdade o que din os do BNG.Pero tamen e verdade que moitos veciños o que fan e votar o lixo despois do dia de recollida,¿ou non e certo?
ResponderEliminarUltimamente estan aparecendo novos vertedoiros incontrolados...¿Pa cando teremos o punto limpo?