miércoles, 16 de octubre de 2013

XVI Torneo de chave Lúa Nova 2013



O pasado luns dia 14 escomenzou a xogarse na cancha do  Café Bar Lúa Nova en Sillobre, o XVI torneo de chave o penúltimo dos torneos de vran que todo-los anos se xogan a partires de xuño ata decembro en Ferrolterra e que estan patrocinados por empresas, sociedades algún concello e por establecementos hosteleiros en este caso patrocina o Café Bar Lúa Nova  ; estes torneos teñen unha dobre proxección, por unha banda a formación de novos chaveiros e a posta a punto de equipos que  que participaran o ano seguinte na Liga e por outra espallar por toda a comarca este deporte.

Xa referindonos a este torneo,este ano a participación tanto de equipos como de chaveiros foi moi alta , inscribironse vintenove (29) formacións e cento coarenta e cinco chaveiros (145) procedentes de toda a comarca.

Feito o  correspondente sorteo os grupos quedaron destribuidos da seguinte forma :
Grupo A : Mandiá, Santa Catalina “B”, Lúa Nova “A”, Clube do Mar.
Grupo B : Imaxina Pazos “B”, Serantes “C”, Santa Catalina, L.S Limodre.
Grupo C : Catro Camiños, Tilocha, O´Pazo.
Grupo D : A´Nova Lúa, Emigrante “C”, Cruzeiro “A”.
Grupo E : Cruzeiro “B”, Fumazo e Sam Martiño.
Grupo F : Emigrante “A”, Ambigú C:P:S:
Grupo G : Lúa Nova, Kafeta, Serantes “A”.
Grupo H : Xomar, Sam Pablo, Santa Catalina.
Grupo I :  Picas, Prados Vellos, Imaxina Pazos “A”.

Estas formacións competiran o longo deste mes soi tres equipos conqueriran chegar a final a final a cal será o sábado dia trinta a partires das17 horas.

As partidas xogaranse de luns a venres as 20'00 e 21'00 horas.

Outubro 2013                                    Jaime Iglesias

No hay comentarios:

Publicar un comentario