lunes, 22 de abril de 2013

Reelixido o Consello Local de Fene por unanimidade da asemblea



Digna Faraldo encabeza o órgano e Xosé Antonio García Bello pasa a ser o vice-responsábel
A única lista presentada para conformar o Consello Local do BNG de Fene foi aprobada por unanimidade da asemblea celebrada o pasado venres 19 de abril. Trátase dunha reelección do mesmo equipo conformado hai un ano e encabezado por Digna Faraldo, que continúa como responsábel local. Cambia a vice-responsabilidade, na que Xesús Cea cede a testemuña a Xosé Antonio García Bello, e entra María Sánchez en sustitución de Alba García, que non renova por motivos de incompatibilidade laboral.
Despois de pouco máis dun ano de traballo, o actual Consello Local presentou ante a Asemblea un completo informe de xestión, que tamén foi aprobado por unanimidade, e decidiu, co respaldo da militancia, continuar a súa andaina nos meses vindeiros, nos que se presentan retos importantes como as eleccións europeas de 2014 e as municipais de 2015.
A lista presentada polo Consello Local e aprobada pola Asemblea é a seguinte:
1.   Digna Faraldo
2.   Xosé Antonio García
3.   Ledicia Trillo
4.   Manuel Vidal
5.   Sandra Permui
6.   Alberto Maceiras
7.   María Sánchez
8.   Xesús Cea
9.   Manuel Polo
Suplentes:
1.   Alba García
2.   Maribel Serantes
3.   Juventino Trigo
4.   Rita Couto
5.   Inés Roca
6.   Justo Martínez

No hay comentarios:

Publicar un comentario