O CONCELLO DE
FENE sigue coas súas políticas formativas para desempregados e así coa axuda da Deputación da Coruña vai
desenvolver, accións formativas dirixidas a persoas desempregadas dos concellos
de
Fene e tamén de Ares, Mugardos, Narón, San Sadurniño
e Valdoviño.
A formación
enmárcase no proxecto RedeXiana2
(Xestión Integral, Accesibilidade, Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade no
mercado laboral galego), cofinanciado pola entidade provincial e o Fondo Social
Europeo.
O CONCELLO DE FENE achega as súas instalacións municipais
para a impartición da acción formativa de MONTADOR DE ESTRUCTURAS METÁLICAS
Poderán acceder
a estes cursos as persoas demandantes de emprego, maiores de 16 anos,
empadroadas nalgún dos concellos pertencentes á Rede Xiana que non manifestan impedimento físico para o
desenvolvemento da profesión.
As persoas
participantes formarán parte dos itinerarios
formativos e de inserción laboral previstos no proxecto, a través dos cales
poderán recibir a formación adecuada ás súas necesidades formativas e a
orientación e titorización individualizda e de xeito permanente ao longo de
todo o itinerario.
O obxectivo
final consiste nunha maior profesionalización das persoas desempregadas e a súa
inserción no mercado laboral en termos de calidade e responsabilidade social,
en virtude do Pacto Provincial polo Emprego Responsable na provincia da Coruña,
asinado polos 91 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes que
participan no proxecto RedeXiana2.
Está previsto
impartir os cursos de capacitación, preformación e formación complementaria nos
meses maio e xuño. (Ver cadro)
OS CURSOS DE
FORMACIÓN ESPECÍFICA BÁSICA E FORMACIÓN
ESPECÍFICA DE PRIMEIRO NIVEL, ESTÁ PREVISTO QUE SE REALICEN A PARTIR DE
SETEMBRO. (Ver cadro)
A INSCRICIÓN REALIZARASE ENTRE OS DÍAS 15
DE ABRIL E 3 DE MAIO NAS OFICINAS DA ÁREA DE FORMACIÓN E EMPREGO “PANCHO ALLEGUE” NA CASA DO CONCELLO DE FENE. TAMÉN SE PODE
SOLICITAR INFORMACIÓN NO TELÉFONO 981 49 27 67
E NA PÁXINA WEB WWW.REDEXIANA.ORG.
Documentación
que hai aportar no momento da inscrición:
¨
DNI
¨
Certificado de empadroamento
¨
Tarxeta de demandante de
emprego.
¨
Certificado de vida laboral
¨
Formación realizada.
Acreditación con títulos ou certificados.
¨
Certificado de discapacidade
No hay comentarios:
Publicar un comentario