martes, 16 de abril de 2013

II CONCURSO DE ESCAPARATES DE PRIMAVERA 2013



O Concello de Fene coa finalidade de promover e dinamizar a actividade do comercio, organiza e convoca o II CONCURSO DE ESCAPARATES DE PRIMAVERA 2013 que terá lugar dende o día 22 ao 26 de abril de 2013.
Poderán participar aqueles comerciantes que desenvolvan a súa actividade no termo municipal de Fene.
Todos aqueles clientes que realicen unha compra dende o día 22 ao 25 de abril en tres  dos establecementos participantes poderán cubrir unha papeleta para votar polo mellor escaparate.
Os clientes votarán dende o día 22 ao 25 de abril.
Un xurado profesional visitará os escaparates coa fin de avalialos dende os días 22 a 26 de abril.
Período de inscrición:          Do día 15 ao 18 de abril (ambos incluídos)
Lugar de inscrición:             Rexistro Xeral do Concello. De 9.30 a 13:30 horas
Premios: 
  • Para o escaparate gañador seleccionado por un xurado profesional:
      Diploma, trofeo, publicidade no stand que o concello terá no II Salón de Comercio Fenés e Oportunidades o día 27 de abril en San Valentín.
  • Para o escaparate gañador seleccionado por votación popular:
      Diploma, trofeo, publicidade no stand que o concello terá no II Salón de Comercio Fenés e Oportunidades o día 27 de abril en San Valentín, e unha estancia en hotel con encanto para dúas persoas (unha noite con aloxamento e almorzo)
  • Para os clientes que realicen compra en tres locais participantes:
      Sorteo de 2 vales de 20 euros para consumir en establecementos adheridos á Asociación de        comercio Hostalería e servizos de Fene O Cruceiro.
Entrega de premios_
  • 27/abril/2013 ás 13:30 horas no stand do concello de Fene no II Salón de comercio Fenés e Oportunidade que terá lugar en San Valentín.

No hay comentarios:

Publicar un comentario