viernes, 22 de febrero de 2013

Comenzarón os actos conmemorativos do día de Rosalía



Ás 12:00 da mañá de hoxe as comunidades educativas dos CEIP de Centieiras, O Ramo e Os Casais; do CPI da Xunqueira, do Colexio ‘Jorge Juán’ e do IES de Fene comezarón o programa de actividades programadas para conmemorar o ‘Día de Rosalía’ coa lectura simultánea de poemas de Cantares Gallegos. Asemade, a Biblioteca Pública Municipal “Xosé María Pérez Parallé” procederá á liberación de fondos bibliográficos nas inmediacións dos centros de ensino e convida á veciñanza a visitar a exposición que da obra de/sobre Rosalía se amosa na propia Biblioteca.

Principia, deste xeito, o que prevé será o ‘Día de Rosalía’ máis colectivo. Son moitos os concellos, entidades culturais e de todo tipo, comunidades educativas, grupos musicais… as que se sumaron aos chamamentos da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega programando para esta fin de semana diferentes actividades para que a data de nacemento da escritora e o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos teña especial relevancia social.

 Maña continúan as actividades

As actividades en Fene continuarán maña sábado 23, a partir das 19:00 h na Sala de Sesións da Casa do Concello coa lectura expansiva de Cantares Gallegos. No recital participarón representantes do CPS de San Valentín, CMI Unidade de Fene, CCRD de Perlío, ACDR Liga de Amigos de Barallobre, ACDR O Pote de Maniños, A.VV de Limodre, A.VV de Magalofes, SCDR Agarimo de Sillobre, Banda de Gaitas Tradicional Airiños de Fene, Asociación Máis Vida e os/as portavoces dos grupos municipais de EU, BNG, PSdG-PSOE e PP. Pechará o recital o Alcalde de Fene, Gumersindo Galego Feal, e a Coral Polifónica Agarimo de Sillobre que interpretará Negra sombra.

Para o día 24, día do nacemento da autora, o Concello de Fene, secundando a iniciativa da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, fai un chamamento a regalar un libro galego e unha flor.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario