Así reza o chamamento da Asociación de Escritoras e Escritoras en Lingua
Galega, unha das entidades promotoras dos actos de homenaxe a Rosalía de Castro
aos que se sumaron o movemento asociativo, as comunidades educativas e o
Concello de Fene.
A conmemoración do ‘Día de Rosalia’
comezou en Fene ás 12:00 h do pasado venres, cando alumnado do CPI A Xunqueira
de San Valentín, IES de Fene, CEIP de Centieiras, CEIP O Ramo, Colexio ‘Jorge
Juán’ e CEIP Os Casais procederon ao recitado, de xeito simultáneo, de
diferentes poemas de ‘Cantares Gallegos’. Lecturas, algunhas das cales, xa se
poden ver na canle de Youtube que a AELG habilitou a estes efectos.
Os actos continuaron na tarde do sábado, na Sala de Sesións da Casa do Concello, onde tivo lugar un novo recital colectivo de ‘Cantares Gallegos’, nesta ocasión coa participación do movemento asociativo e dos/as portavoces dos grupos municipais feneses.
O recital, conducido por Almudena
Marcos, comezou coa lectura de ‘Un repoludo gaiteiro’ a cargo da representante
do CPS de San Valentín, Loreto de Castro. Seguíronlle, por orde de
intervención:
·
Matilde Castro, do CMI Unidade de Fene, con ‘Quíxente
tanto meniña’
·
Mariola Hermida, do CCRD de Perlío, con ‘Campanas de
Bastabales’
·
Carmen García López, da ACRD Liga de Amigos de
Barallobre, con ‘San Antonio bendito’
·
Valentín García Modrón, da Banda Tradicional de Gaitas
Airiños de Fene, con ‘Acolá enriba’
·
Xosé María Rivera Arnoso, da SCRD O Pote de Maniños, con
‘Eu ben vin estar o moucho’
·
María José García Ponte, da A.VV de Limodre, con ‘Roxiña
cal sol dourado’
·
Andrés Picallo, de Agarimo de Sillobre, con ‘Ora, meu
neniño, ora’
·
.........., da A.VV de Magalofes, con ‘Non che digo nada’
·
Mónica Fernández Rodriguez, da Asociacion Máis Vida, con
‘Castellana de Castilla’
·
Rocío A. Bértoa Puente, concelleira de Cultura e voceira
do grupo municipal do PP, con ‘Nosa señora da Barca’
·
Iván Puentes Rivera, voceiro do grupo municipal do
PSdG-PSOE, con ‘Meniña, ti a máis hermosa?
·
Manuel Polo Gundín, voceiro do grupo municipal do BNG,
con ‘Que ten o mozo?’
·
María del Carmen Martínez Rodríguez, voceira do grupo
municipal de EU, con ‘Castellanos de Castilla’
Puxéronlle
o ramo, o alcalde de Fene, Gumersindo Galego Feal que leu ‘Adios ríos, adios
fontes’ e a Coral Polifónica da SCRD Agarimo de Sillobre que interpretou ‘Negra
Sombra’.
Ligazóns:
‘Día de
Rosalía’ no CEIP Os Casais,
Asociación de Escritoras e
Escritores en Lingua Galega,
Fundación e Casa Museo de Rosalía de
Castro, http://rosaliadecastro.org/
Real Academia Galega, http://www.realacademiagalega.org/
Consello da Cultura Galega, http://consellodacultura.org/
No hay comentarios:
Publicar un comentario