No momento da entrega do premio estiveron no escenario
(de esquerda a
dereita) o Alcalde de Fene, Gumersindo Galego Feal,
o membro do Goberno
Provincial, Miguel de Santiago Boullón,
o Secretario Xeral de Política
Lingüística, Valentín García Gómez,
a Concelleira de Cultura de Fene, Rocío
Bértoa Puente e,
en primeiro termo, o gañador da XXX edición do Premio Blanco
Amor,
Ignacio Vidal Portabales.
Gumersindo Galego: “Asumimos
o reto de organizar o Blanco Amor con ilusión, responsabilidade, compromiso e
implicación”
Coincidindo co aniversario do pasamento do escritor
ourensán, a SCRD Agarimo de Sillobre acolleu esta noite a gala de entrega do
XXX Premio de Novela Longa Blanco Amor, galardón que recaeu nesta ocasión no
profesor da USC Ignacio Vidal Portabales pola obra titulada “Dióxenes en Dolorida”.
O acto, que contou coa actuación do grupo de jazz Cool Hamsters, converteuse en
punto de encontro de numerosas autoridades e representantes do tecido cultural
galego. Asistiron o Director Xeral de Política Lingüística, Valentín García
Gómez, o Deputado Provincial, Miguel de Santiago Boullón, alcaldes e
concelleiros/as dos concellos patrocinadores e representantes do mundo da
cultura.
Trala lectura da acta do Xurado, o alcalde de Fene,
Gumersindo Galego, foi o encargado de entregar o premio ao gañador, Ignacio
Vidal Portabales, a quen felicitou en nome propio e da corporación que preside.
Durante a gala, fíxose costar que, logo das pertinentes deliberacións sobre as
dúas novelas finalistas, o Xurado deste XXX Premio Blanco Amor declarou -por
maioría- gañadora da presente edición a
novela presentada co lema “Arieira” e o título de “Dióxines en dolorida”.
A xuízo do xurado, “Dióxenes en Dolorida” destaca “polo
esforzo de introspección nas relacións de parella desde unha determinada
perspectiva que o autor asume con desenfado, pola orixinalidade na construción
do personaxe protagonista como produto da inadaptación social, e pola
recreación dun ambiente que flutúa entre o real e o paródico dentro dun
interesante exercizo imaxinativo non exento de humor. Asemade, valorouse a
eficaz estrutura compositiva da obra, así como o acerto na utilización de
diferentes voces narrativas cun estilo áxil e directo”.
DISCURSO DO ALCALDE
“Cando hai un ano nos comunicaron que nos correspondía a
organización do Blanco Amor, asumimos o reto con ilusión, responsabilidade,
compromiso e implicación”, asegurou o alcalde de Fene no seu discurso.
Gumersindo Galego puxo de manifesto o compromiso do Concello de Fene co
conxunto da industria cultural pero, sobor de todo, “coa nosa lingua e coa nosa
cultura que tan necesitadas están de iniciativas como o Blanco Amor”.
O primeiro rexedor fenés fixo fincapé na
“responsabilidade” coa que Fene asumiu a organización do certame “nun contexto
socioeconómico tan complicado para toda a poboación e tamén para os concellos”
e agradeceu o apoio da corporación municipal e de toda a sociedade civil que
fixo posible que este proxecto saíra adiante: Concelleira de Cultura; membros
da corporación municipal; Departamento de Cultura; concellos que patrocinan
esta trixésima edición; autores e autoras que presentaron as súas obras a
concurso; Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, ilustradores
e ilustradoras que participaron na exposición gráfica en homenaxe a Blanco
Amor; Círculo de Perlío; grupo de teatro Xosemaría Pérez Parallé do CMI Unidade
de Fene e SCRD Agarimo de Sillobre.
Gumersindo Galego rematou a súa intervención facendo un chamamento
aos concellos que colaboraron nesta trixésima edición para, na próxima
asemblea, “repensar” o certame. Pediu
que se cambien aspectos do regulamento que quedaron obsoletos, que se estude
dotalo de personalidade xurídica, mesmo dándolle cabida á industria cultural,
para garantir deste xeito o seu millor financiamento e a súa estabilidade.
Neste sentido, anunciou que a editorial Galaxia, representada polo conselleiro
Xavier Alcalá Navarro, “ven de transmitirnos que está aberta desde este momento
a a tratar cos concellos galegos a continuidade do Premio, nas condicións que
se acordaren, ao entender que o Premio Blanco Amor cómpre mantelo a todo
custe”.
ORGANIZACIÓN DO XXXI
PREMIO BLANCO AMOR
Vintecinco foron os concellos que patrocinaron esta
trixésima edición do Premio de Novela Longa Blanco Amor: Oímbra, Santa Comba,
Narón, Soutomaior, Redondela, Arteixo, Irixo, A Coruña, Pontevedra, Carballo,
Lugo, Vigo, Mugardos, Moraña, Culleredo, Teo, Oleiros, Cabanas, Ferrol,
Vilagarcía de Arousa, Neda, Ourense, Brión, Santiago de Compostela e Fene.
No decurso da gala celebrada esta noite, realizouse o
sorteo para dar
a coñecer o concello organizador da vindeira edición e os dous suplentes.
Segundo o Regulamento non son elixibles aqueles concellos que xa organizaran
algunha edición anterior do premio nin aqueloutros que non confirmaran a súa
participación na presente edición. En consecuencia, os concellos que entraron
no sorteo este ano foron: Oimbra,
Ferrol, Cabanas, Arteixo, Pontevedra, Carballo, Moraña e Teo.
Realizado o sorteo, correspóndelle a organización da XXXI edición
ao Concello de: ARTEIXO, sendo 1º suplente o CONCELLO DE FERROL e 2º suplente o
CONCELLO DE OÍMBRA.
IMÁGENES DEL ACTO
No hay comentarios:
Publicar un comentario