jueves, 1 de noviembre de 2012

FOTO DENUNCIA


O PSdeG-PSOE de Fene Denuncia o Lamentable Estado do Camiño das Chancas e a Rúa Baixa na parroquia de Perlio 


O Grupo Municipal Socialista de Fene, despois de varios meses de trasladar solicitudes de amaño de deficiencias nos viais públicos, esixirá no pleno deste xoves, día 8 de novembro unha solución inmediata ás deficiencias viarias das Chancas e a rúa Baixa na parroquia de Perlio.

O PSdeG-PSOE do Concello de Fene reiterou na Comisión de Persoal, Seguridade e Servizos realizada o pasado mércores día 31 de outubro o estado lamentable das rúas das Chancas e rúa Baixa na parroquia de Perlio.

Esta demanda que xa foi realizada na sesión desta Comisión e no Pleno do Concello do mes de setembro voltou a ser contestada polo Concelleiro de Servizos do mesmo xeito: “No vindeiro mes rebachearemos as rúas do Concello”.


O PSdeG-PSOE xa non pode creer nas verbas repetidas, mes tras mes, polo Concelleiro de Servizos é esixe que de inmediato se dé unha solución ó deficitario estado destes viais públicos.

O Grupo Socialista do Concello de Fene esixirá de novo no pleno do vindeiro xoves día 8 de novembro o adecentamento inmediato do Camiño das Chancas e a rúa Baixa da parroquia de Perlio. 

Camiño das Chancas sen asfaltado na parte dereita 

Rúa Baixa

Baches na Rúa Baixa

 Baches na Rúa Baixa

Baches na Rúa Baixa

No hay comentarios:

Publicar un comentario