viernes, 2 de noviembre de 2012

Clube Amigos da Chave de Ferrolterra Cea clausura do XXV Campionato de Chave 2012



O pasado 31 de Outubro, todos os equipos de chave e os mellores chaveiros de Ferrolterra,  dironse cita no restaurante A Concha para celebrar o peche oficial da campaña e a  entrega de trofeos do XXV Campionato de Liga 2012 de chave nas categorias de 1ª,2ª e 3ª división evento que organiza como ven sendo dende sempre o Clube Amigos da Chave de Ferrolterra, agradecendolle este clube os concellos de Ferrolterra, os medios de comunicación e  as 66 casas comerciais a sua implicación neste deporte.

Trinta e cinco equipos e un total 145 chaveiros participaron nesta edición, 12 equipos en 1ª División ,12 en 2ª e 11en 3ª.,os equipos que conqueriron os primeiros postos nas suas correspondentes categorias foron :
1ª División: 1º clasificado Taberna do Feal, 69 puntos 1790 chaves e unha media do 40'68%
2º clasificado O´Pazo, 66 puntos, 1861 chaves e de media o 42'30% de rendemento, e de 3º Lúa Nova con 56 puntos 1595 chaves e un rendemento do 36'25%.

O maximo chaveiro foi Juanolo do O´Pazo que realizou 669 chaves con a media do 15'20%., segundo foi Pepe do Taberna Feal con 653 chaves de media 14'84%  e terceiro Luis do LS Limodre con 650 e con o 14'77% de media.
2ª División:1º clasificado Brión Poniente 77 puntos, 1648 chaves e unha media de 37'45%, 2º O´Fumazo 65 puntos e 1504 chaves34'18 de media, 3º Imaxina-Pazos 57 puntos 1419 chaves e de media 32'25%.

Maximo chaveiro Toni do Brión-Poniente con 566 chaves e de media 13'48%, 2º Espiñeira do Fumazo con 546, e 12'41% de media e 3º Dani do Brión -Poniente 531 chaves e un 12'35%.
3ª División: 1º clasificado O´Cruzeiro “B” 59 puntos 1064 chaves e 26'60% de media, Emigrante “C” 57 puntos 1225 chaves e 30'63%, 3º Cruzeiro “A” 55 puntos 1099 chaves e 27'48% de media.
Maximo chaveiro Javier do Emigrante “C”,513 chaves e un 12'83 de media, 2º Germán da AVV Brión -Castelao con 394 chaves, e 11'26 de media e Carlos do Tilocha con 390 chaves e de media 10%.

O remate da cea fixose a entrega de trofeos os equipos campións  que os recibiron das mans do Alcalde de Fene Gumersindo Galego, Juan Devesa, de deportes do Concello de Ferrol, Xosé Roca Concelleiro Mugardos, Rocio Bértoa Concelleira de Cultura e Deportes do Concello de Fene e pola directiva do Clube Amigos da Chave de Ferrolterra que agasallaron a todolos xogadores con unha camiseta con o logo de cada equipo.

REPORTAXE FOTOGRAFICO



























Jaime Iglesias

2 comentarios:

  1. seria ben cambiar a data da maquina de fotos pois estamos no mes 11 un saudo

    ResponderEliminar
  2. Gracias por la informción lo tendremos en cuenta un saludo

    ResponderEliminar