jueves, 29 de noviembre de 2012

FENE ACOLLE ESTE SÁBADO A GALA DE ENTREGA DO XXX PREMIO DE NOVELA LONGA BLANCO AMOR



O ACTO COINCIDE CO ANIVERSARIO DO FALECEMENTO DO ESCRITOR OURENSÁN
O Concello de Fene ultima os preparativos da gala de entrega do XXX Premio de Novela Longa Blanco Amor. Neste acto, que se celebrará no local da SCRD Agarimo de Sillobre o vindeiro sábado a partir das nove da noite, darase a coñecer ao gañador ou gañadora do certame, elixido entre os autores das dúas novelas finalistas: Dióxenes en Dolorida e Tara.

           
            Entre as persoalidades que asistirán á gala salientan o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, representantes da Deputación da Coruña, alcaldes dos Concellos patrocinadores, gañadores de anteriores edicións do Premio e representantes do movemento asociativo fenés e do mundo da cultura.
           
            O acto contará coa actuación do grupo de jazz Cool Hamnsters.
           
            Adicado a un dos máis grandes escritores da literatura galega de todos os tempos, o Premio de Novela Longa Blanco Amor, existe dende hai trinta anos grazas ao patrocinio dos concellos que decidiron apoiar esta iniciativa. Este premio cumpre un importante rol no sistema literario galego ao contribuír de maneira decisiva ao impulso e consolidación da literatura galega, nomeadamente do xénero da novela longa, no que foi mestre Eduardo Blanco Amor. A súa organización ten carácter rotatorio, escolléndose o concello organizador, mediante sorteo, entre os patrocinadores que non organizaran ningunha edición.

Na presente edición a dotación económica do Premio ascende a 12.020 euros.
Compartir

No hay comentarios:

Publicar un comentario