miércoles, 28 de noviembre de 2012

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA NA CASA DA CULTURA DE FENE

 RAFAEL FERNÁNDEZ GARRIDO INAUGURA “SARAJEVO. CIEN MIL ADIOSES Y UNA PROMESA” ESTE VENRES ÁS SETE E MEDIA DO SERÁN


A  mostra poderá visitarse na Casa da Cultura de Fene (Avda de Conces, 20-22) dende o venres 30 de novembro ata o vindeiro 21 de decembro en horario de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas y sábados de 10:00 a 13:00 horas.  

“Sarajevo. Cien mil adioses y una promesa” é unha homenaxe aos habitantes da capital de Bosnia, “sen querer falar da guerra”.

Sarajevo, fundada a mediados do século XV, forxou o seu carácter baixo as numerosas dominacións que ao longo dos tempos subxugaron ao pobo bosnio (otomanos, imperio austro-húngaro, expansión nazi na II guerra mundial, a dictadura do Xeneral Joseph Broz Tito e xa, a finais do século XX, a derradeira guerra dos Balcáns).

Cunha profunda pegada musulmana, Sarajevo acolle sen embargo a cristiáns ortodoxos, a católicos e a xudíos, convivencia percibida e sentida polo forasteiro como mostra dunha grata hospitalidade.

O proxecto “Sarajevo. Cien mil adioses y una promesa” que nestas datas ve a luz por primeira vez é o pago dunha débeda contraída polo autor cos “sarajevans”, pois durante a súa estadía de case medio ano ao longo de 2010,  endexamais se sentiu extraño naquelas terras, nin entre as súas xentes.

A través de 28 fotografías, divididas en catro sección, amósase que os moradores de Sarajevo sempre elexiron vivir segundo a súa maneira de entender a vida, a cabalo entre o Islam e o Cristianismo, a medio camiño entre Oriente e Occidente, á mesma distancia do Mediterráneo que do corazón de Europa, e ás veces en paz e ás veces en guerra; en definitiva, “ser Europa á maneira de Bosnia”.  

Apuntamentos sobre o artista:

Rafael Fernández Garrido (1964)
Considérase a sí mesmo viaxeiro antes que turista e, como tal, sempre tenta interpretar coa súa fotografía a realidade que nos rodea a través dun persoal xogo de luces e sombras.
De formación autodidacta e acostumado dende unha idade temperá a moverse dentro e fóra das nosas fronteiras, desfrutou ao longo da súa vida de irrepetibles oportunidades para coñecer diferentes terras e pobos, culturas sobre as que dirixía unha particular ollada a través dos obxectivos da súa cámara.
Gañador do concurso de fotografía dixital sobre náutica deportiva “Spinnaker 2009” (Ferrol), e do segundo premio “Virgen del Carmen 2012” (Instituto de Cultura e Historia Naval, Madrid), este ano participou na exposición colectiva e itinerante “V certamen de creadores por la Libertad y la Paz”, organizado dende Sevilla pola Fundación contra el terrorismo y la violencia “Alberto Jiménez-Becerril”.
Entusiasta da viticultura, a súa outra grande paixón, estuda Ciencias del Medio Ambiente na Universidade Nacional de Educación a Distancia.
Actualmente reside en Fene (A Coruña). 







Máis información:
Rafael Fernández Garrido
Tfno. 652840577
E-mail: exposarajevo@terra.com


Compartir

No hay comentarios:

Publicar un comentario