A función encádrase dentro
da programación da Rede Cultural da Deputación
A compañía
compostelá “Ainternacional Teatro” visita esta semana o concello de Fene. Baixo
a dirección de Jorge Rey, este venres ás oito do serán, representa na
Asociación de Veciños Santa Eulalia de Limodre a peza “Falando do noso”.
Todo ser humano pode chegar a verse atrapado nas gadoupas
da mediciña moderna e ser posto a dieta. É un momento crítico na vida humana no
que un ve o seu futuro con incerteza, e no que acuden ao espírito as preguntas
transcendentais: A filosofía alimenta?, Que é a morriña?, O porco ten alma
trascendente?, Cantas calorías ten o percebe?... O protagonista deste monólogo
responde a estas preguntas e a outras non menos importantes.
Compartir
No hay comentarios:
Publicar un comentario