A
actividade vai dirixida a nenos/as de Infantil e Primaria
A Biblioteca Municipal
“Xosemaría Pérez Parallé” (Avda. De Conces, 20-22, Fene) acolle este venres, 23
de novembro, ás 18.00 horas o obradoiro plástico-musical “Cinco dedos, cinco
sentidos, cinco continentes”, coordenado por María Lires e Juan Carlos Vázquez
(Artachím). A partires do libro da ilustradora María Lires “Cinco Continentes”,
os/as participantes realizarán una serie de ilustracións extraídas das fichas
que contén o propio volume, introducindo cor, texturas e composisición en
mosaico.
A medida que cada neno e
nena vaia rematando a súa ilustración, comezará o ensaio de distintas cancións
folclóricas dos cinco continentes, incluíndo o achegamento aos instrumentos de
percusión e vento propios de cada continente. As cantigas foron
adaptadas polo compositor Juan Carlos Vázquez.
Coas ilustracións
rematadas farase un mural que quedará instalado na Casa da Cultura de Fene.
A duración da
actividade é de 60 minutos. Entrada de balde.
ARTACHÍM
ARTACHIN fundouse no ano
2010 da man da escritora e ilustradora María Lires e do músico e compositor
Juan carlos Vázquez. Desde os seus inicios, a compañía promove proxectos
artísticos e pedagóxicos en distintas vilas e cidades de Galicia, incluíndose
tamén na Rede Cultural da Deputación e no programa de animación á lectura
Letras Vivas da Xunta de Galicia.
hoxe estiven nesta actividade, e a verdade teño que agradecer que fose de balde para os usuarios, xa que o que ali se fixo non tivo nada que ver co que aqui se conta, pareceume unha burla, o libro non se veu por lado ningun, os nenos limitaronse a colorear un debuxo, e a parte musical limitouse a canción Dona Laura Vacaloura, se ese é o folclore dos cinco continentes, en fin......
ResponderEliminar