martes, 23 de octubre de 2012

XIV Torneo de chave LS Limodre 2012 Memorial Manolo Francos


Equipo Limodre

Patrocinado pola  AVV de Veciños,e organizado polo equipo de chave LS Limodre, veuse celebrando dende o 17 de Setembro ata o sábado 20 de Outubro este campionato  de chave, que este ano  tivo a participación de 24 equipos con unha inscripción de 120 chaveiros de media, procedentes dos concellos de Mugardos,Ares, Cabanas, Fene, Naróm, Neda e Ferrol.

Este evento foi adicado a memoria de Manolo Francos que fora durante moitos anos chaveiro do Limodre e falecido recentemente.
Foi unha competición chea de de interés, moi disputada dende o comenzo ata  o final con moita calidade tecnica nos chaveiros participantes, aplicandado cada quen as suas habilidades e outros intentando superarse para poñerse a altura dos mais avezados en este deporte que por sorte cada vez son mais e mellores. Destacar a magnifica colaboración dos equipos con a organización e a sua responsabilidade deportiva. A estructura do campionato foi conformada facendose 6 grupos de 4 equipos,clasificandose os dous primeiros de cada equipo.

Chegarón a 4º da final despois de disputarse a 1ª fase os seguintes equipos : O´Pazo, Poniente, Limodre,  Lúa Nova, Outeiro, San Pablo, Mandiá, Kafeta, Cabana Pazos, Brión Castelao, e o Cruzeiro “B”realizandose en esta fase 900 Chaves.

Pasaron a semifinais  os equipos :Poniente,Lúa Nova, Kafeta, Limodre ,O´Pazo e Cabana Pazos,  despois de disputarse as correspondentes partidas clasificaronse para xogar a final, O´Pazo,Poniente e Limodre, quedando a clasificación final establecida da seguinte forma :
  •  1º .- O´Pazo de Franza con 173 chaves e 6 puntos.
  •  2º .- Poniente de Brión con 162 chaves e 4 puntos.
  •  3º ,. LS Limodre de Limodre (Fene), con154 chaves e 2 puntos. 

Os resultados das partidas da final foron :
  • -O´Pazo 46/38 ---Poniente 36/34.
  • -Poniente 43/49 ---Limodre 31/37.
  • -Limodre 48 /38 --- O´Pazo 46 /43.


Máximo chaveiro da 1ª fase foi Lino do equipo O´Pazo que conquireu 98 chaves.
Máximo chaveiro da final Luis do equipo LS Limodre que realizou 73 chaves.
A entrega de trofeos foi feita pola Concelleira Rocio Bertóa o Presidente da AVV de Limodre Xesús Bello e o representante do equipo Tano López. En representación da familia de Manolo Francos estivo o seu fillo Oscar Francos .


 O`Pazo
 Poniente
 Trofeos
 Entrega de Trofeos








Jaime Iglesias

No hay comentarios:

Publicar un comentario