jueves, 18 de octubre de 2012

FOTO DENUNCIA


Denuncia ante o Seprona dunha actuación da Xunta de Galicia, por parte da Comunidade de Montes de Marraxón

 A Comunidade de Montes de Marraxón, Sillobre, Fene, denunciou ante o Seprona a actuación da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, polo desbroce do monte para a realización dun cortalumes, xusto por riba dunha mámoa do monte comunal.

A mámoa en concreto, é a que está xusto no Coto do Rei, no punto máis alto do Concello de Fene, a 354 mts de altitude.

 Esta comunidade descoñece si este xacemento megálitico sufreu algún tipo de danos, asi como si poideran estar afectados outros xacementos sitos na área do mesmo desbroce.

 Por outra banda, esta comunidade quere reiterar o seu molestar polo que entende como "burda ironía", de que, namentras a Xunta nos esixe un proxecto arqueoloxico e a presenza dun arqueologo para desbrozar e plantar o monte comunal nesa zona, sexa a propia Xunta a que desbroce nese lugar sin ningún tipo de asesoramento arqueoloxico...Bueno, agás que o tractor-desbrozadora estivera conducido por un arqueologo, que todo é posible!

 Queremos deixar claro tamén, que a total responsabilidade, para nós, é de Patrimonio, por un banda, pon trabas, burocracias e total falta de colabouración coa Comunidade de Montes, e por outra, amosa total "pasotismo" e deixadez para verificar as ubicacións e estado dos xacementos arqueolóxicos.

Francisco Tomás Corral

No hay comentarios:

Publicar un comentario