jueves, 18 de octubre de 2012

CONCERTO DE FRED MARTINS E UGÍA PEDREIRA NA SOCIEDADE AGARIMO DE SILLOBRE

Ugia Pedreira e Fred Martins 

A actuación, organizada pola Concellería de Cultura, enmárcase no programa da Rede Cultural da Deputación 

 Os compositores Ugia Pedreira e Fred Martins presentan mañá venres na ACRD Agarimo de Sillobre o seu disco “Acróbata”. O concerto comezará ás 20 horas. “Acróbata” é, sen lugar a dúbidas o mellor exemplo pop do achegamento da Música Popular Brasileira coa Música Popular Galega. Este proxecto é o resultado dunha conxunción artística natural xermolada tras dun encontro entre os dous artistas en Río de Janeiro en 2008.

 Trala actuación deste venres, a vindeira semana estará en Fene o contacontos Cándido Pazó. O venres, 26 de outubro, presentará no Salón de Actos da Casa da Cultura (ás 20 horas) “Historias e histerias”. Trátase dun espectáculo de contos, lerias e historias de xente de hoxe e doutros tempos que vai capeando a vida como pode porque “todo momento de histeria ten detrás a súa historia”.

Cándido Pazo

No hay comentarios:

Publicar un comentario