jueves, 13 de septiembre de 2012

” XVII CAMPIONATO DE CHAVE O¨FUMAZO 2012” (Neda)



A cancha do Mesón O´Fumazo de Neda ,acolleu dende o dia 18 de Agosto ata o 8 de Setembro dia da final,  a disputa do XVII Campionato de Chave O´Fumazo no que participaron os mellores equipos de chave de Ferrolterra. En esta edición inscribironse 17 equipos o que supuso a movilización de 70 chaveiros, i con idades comprendidas entre os 18 e 70 anos,  os cales competiron repartidos en 5 grupos de   2 de 4, e 3 de 3 equipos por grupo.
       
Despois das eliminatorias da 1ª fase os equipos sobrevivintes,participaron nas semifinales que se celebraron durante os dias 6 e 7 de setembro nas cales accederon as mesmas os seguintes equipos : Taberna do Feal, Cruzeiro “A”,O´Pazo,  Limodre e O¨Fumazo.
                                     
Os resultados acadados en esta fase foron os seguintes :
Taberna do Feal 90 chaves, O´Pazo 87, Limodre 80, o Cruzeiro “A” 52 e Fumazo 64 (repescado) , pasando a xogar a final Taberna do Feal, Limodre e O´Pazo.

A clasificación final quedou establecida da seguinte forma :
1º O´Pazo con 7 puntos e 158 chaves.
2º Taberna do Feal con 4 puntos e 140 chaves.
3º Limodre con 1punto e 148 chaves.

O máximo chaveiro da 1ª fase foi Luis do Limodre con 64 chaves, e o da final correspondeulle a Pachicho do O´Pazo que realizou 61 chaves.

A entrega de trofeos foi feita po-lo xerente do Bar O´Fumazo Ricardo Gonzalez e por Israel Allegue e Pablo Brage, Presidente e Secretario do Clube Amigos da Chave de Ferrolterra , clube este  que aglutina e dirixe a chave en Ferrolterra.

Presentouse para a celebración da final unha tarde de sol e un público que abarrotou a cancha de xogo,rematandose este evento con a degustación de empanadas e callos e regado con  viños da terra.,quedando na memoria de todos o recordo dunha tarde memorable.

Jaime Iglesias
GALERIA DE IMAGENES























No hay comentarios:

Publicar un comentario