As inscricións realizaranse nas dependencias
administrativas do Pavillón “A Xunqueira” de San Valentín
A matrícula nas Escolas de Piscina
realizarase os días 13 de setembro (só residentes en Fene) e 14 de setembro
(poboación en xeral) en horario de 9:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:30 h.
Para a totalidade das demais Escolas
Deportivas Municipais, as datas establecidas serán o 17, 18 e 19 de setembro
(só residentes en Fene) en horario de 9:00h a 13:30 h. e de 16:00 a 19:30
horas. Os días 20, 21 e 24 para a poboación en xeral el horario de 9:00 a 13:30
h.
No caso das Escolas Culturais,
Cursiños TIC e Obradoiros, a inscrición formalizarase do luns 1 ao venres 5 de
outubro. Os días 1, 2 e 3 de outubro poderán anotarse as persoas residentes en
Fene e o 4 e 5 de outubro, a poboación en xeral. Neste caso, o horario de
atención ao público será de 9:00 a 13:30 horas (todos os días sinalados) e
tamén de 16:00 a 19:30 horas (o mércores 3 e o xoves 4 de outubro).
Dende a Concellería de Cultura e
Deportes saliéntase a variedade de actividades organizadas no marco das Escolas
Deportivas e Culturais Municipais do Concello de Fene para o curso 2012-2013.
ESCOLAS DEPORTIVAS
Entre as escolas que se impartirán na
piscina municipal de Centieiras salientan as de natación para bebés, primeira
infancia, iniciación e perfeccionamento infantil, perfeccionamento xuvenil,
iniciación e perfeccionamento adultos e natación terceira idade. Tamén se
oferta natación para embarazadas e natación terapéutica (combinada ou non con
rehabilitación funcional).
No pavillón “A Xunqueira” haberá as
escolas deportivas de iniciación ao baloncesto, pilates, ximnasia rítmica,
bailes latinos, baile moderno, danza do ventre, aérobic, ioga, patinaxe, e
rehabilitación funcional así como o obradoiro educación física contra a fatiga
oncolóxica.
No Centro Social de Fene, haberá
ioga; no CEIP de Centieiras, Educación Física de Base, Fútbol-7 (prebenxamín e
benxamín) e aérobic infantil, esta última tamén se dispensará no CPI A
Xunqueira. No ximnasio da Casa da Cultura, iudo e karate mentres que no
Pavillón do Ramo estarán as escolas de iniciación ao baloncesto e ao balonmán.
ESCOLAS E OBRADOIROS SOCIOCULTURAIS
MUNICIPAIS
En canto ás escolas culturais
municipais, a oferta para o curso 2012-2013, agrúpase en:
Escolas de música: música e movemento
(iniciación e formación básica); piano e solfexo e guitarra (iniciación e
perfeccionamento).
Obradoiros socioculturais: “A palabra
e as palabras” (obradoiro de creación literaria); obradoiro de técnicas de
estudo; obradoiro de economía doméstica; obradoiro de “cociña para vag@s” e
obradoiro de horticultura tradicional.
Cursiños de alfabetización dixital:
fotografía dixital, retoque dixital, introdución a internet (nivel básico e
avanzado) e introdución á ofimática (nivel básico e avanzado)
Para máis información, pódese chamar
ao teléfono das dependencias administrativas do Departamento de Cultura,
Deportes e Xuventude do Concello de Fene (981-340366) ou consultar a normativa
xeral de matriculación na páxina web municipal (www.fenecidadan.net).
Asemade, próximamente poranse a disposición de todos/as os usuarios/as os
cadernos coa información das escolas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario