jueves, 30 de agosto de 2012

Apertura das instalación deportivas municipais


O  pavillón  municipal A Xunqueira abrirá o 3 de setembro e a piscina municipal de Centieiras o día 10

A partir do 3 de setembro, o pavillón  municipal A Xunqueira abrirá as súas portas ao público cun horario na primeira quincena de setembro de 19:00 h e 23:00 h. A partir do día 17, o pavillón abrirá no seu horario habitual de mañá e tarde (8.30 h a 13.30 h e de 16.00 a 23.00 h).
Con base nisto, as persoas interesadas xa poden solicitar horas de adestramento para o mes de setembro. En canto ás solicitudes de adestramento cara a vindeira tempada, a partir do día 1 de outubro, rexiránse segundo a normativa de solicitude polos seguintes prazos:
Equipos federados: dende o día 3 de setembro.
Equipos e particulares non federados: dende o 18 de setembro.
Por outra banda, a piscina municipal de Centieiras abrirá ás súas portas ao público o vindeiro luns día 10 de setembro, co seguinte horario de apertura durante ese mes:
Luns a venres, de 17:00 h. a 22:00 h.
Sábados, de 17:00 h. a 20:00 h.

No hay comentarios:

Publicar un comentario