martes, 3 de julio de 2012

PUNTO DE INFORMACIÓN PARA DESEMPREGADOS EN FENE

As persoas que necesitan realizar na Oficina de Emprego calquera trámite ou xestión relacionada coa súa demanda de emprego ou sobre prestacións de desemprego teñen que solicitar cita previa.

 A cita previa pode xestionarse:
• 1) Telefónicamente: 901 01 02 10 • 2) A través de Internet: en www.sepe.es/citaprevia: a través de Punto de Información, opción cita previa prestacións.

 No Concello de Fene está situado o Punto de Información nas instalacións da Área de Formación e Emprego "Pancho Allegue" na Praza do Concello. Debemos lembrar que no Punto de Información tamén se pode renovar a demanda de desemprego unha vez recollida a pegada dixital na Oficina de Emprego e tamén consultar páxinas oficiais.

 Máis información ao repecto en Orientación Laboral do Concello de Fene, tfno 981 492 767.

No hay comentarios:

Publicar un comentario