martes, 3 de julio de 2012

A oficina de turismo de Fene abre as súas portas.

Desde hoxe, martes 3 de xullo até o venres 31 de agosto, a oficina de información turística do Concello de Fene emprazada na Avenida Naturais estará aberta ao público.

Horario: de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.30 h.

Datas: de martes a sábados (festivos incluídos).

Teléfono: 981 34 40 82

Coa apertura da oficina de turismo dárase un servizo de acollida, orientación e asistencia aos visitantes, facilitándolles información turística, así como sobre as actividades culturais, artísticas ou deportivas que se desenvolverán no noso concello ou na comarca, organizadas ou non pola nosa entidade municipal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario