
O alcalde de Fene, Gumersindo Pedro Galego,e o concelleiro de promoción económica, Juan José Franco, presentaron hayer en rolda de prensa o 5º Concurso de tapas de Fene 2012.
O Concurso de tapas que este ano organiza o Concello e colabora a Asociación de comerciantes “O Cruceiro” e varias empresas privadas celebrárase dende o 4 de maio ao 27 de maio de 2012 (venres, sábados, domingos e festivo), nos seguintes horarios:
- Os venres de 20:00 a 22:00 h.
- Os sábados de 13:00 a 15:00 e de 20 a 22 h.
- Os domingos e festivo de 13:00 a 15:30 horas.
As modalidades de participación nas que concursarán os establecementos son: Tapa Creativa e Tapa Tradicional.
Un xurado decidirá os gañadores da tapa creativa e da tapa tradicional, mentres que os clientes decidirán cos seus votos cumprimentando a Fenerruta cales son os gañadores da tapa popular.
Os premios foron doados por establecementos comerciais e a imaxe do Concurso doada por un xoven creador.
Tódolos premios entregaranse nun acto que terá lugar o 1 de xuño e no cal se desvelarán o nome dos gañadores de tódalas categorías e tamén alí farase os sorteos entre o público que degustou as tapas.
Este ano incrementouse o número de participantes respecto anteriores edicións.
Premios:
- 1. Para os clientes sortearanse os seguintes premios:
- Para aqueles que cumprimentaran completamente a FENERRUTA:
- Unha viaxe a Mallorca ou Tenerife, para dúas persoas por unha fin de semana (venres, sábado e domingo, pensión completa), por cortesía de Volaria.
- Datas e tipo de aloxamento, a convir coa axencia.
- Un lote de produtos por cortesía de Xovenorte SL
- Un curso de manexo de embarcacións, por cortesía de Serbal SL.
- Para aqueles que cumprimentaron as tarxetas de participación:
- 10 bonos de 20 euros cada un para consumir en establecementos adheridos á Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos de Fene “O Cruceiro”. Premios por xentileza da Asociación de CHS de Fene “O Cruceiro”.
- Un curso de manexo de embarcacións, por cortesía de Serbal SL.
- 2. Para os locais participantes:
- Para os locais campións da tapa creativa, tradicional e popular:
- Un trofeo e un lote de produtos por cortesía de Meígas Fóra.
- Para os locais subcampións da tapa creativa, tradicional e popular:
- Un trofeo
Actividades complementarias: un día á semana durante o concurso haberá unha animación pola rúa animando á xente a entrar nos establecementos e participar no concurso.
16 PARTICIPANTES:
MODALIDADE TAPA CREATIVA:
- Cafeteria Lembranza ESPETO DE POLBO CROCANTE CON SUAVE DE PATACA
- Cafetería CMI Unidade de Fene LANGOSTINOS RIZADOS
- Cerveceria Tarnas SORPRESAS DE CARNE EN CAMA DE PIQUILLO
- Vichelocrego VICHELOCOCIDO
- O Son de Cociña BARQUETA C/BANDEIRA GALEGA
- Restaurante Mundial BOCADO DO NORTE
- Cafeteria Teima TOSTA DE XAMÓN CON QUEIXO GRATINADO
- Ababol PICANGREXOS
- A Ponte TARTALETAS RECHEAS
- La Parada EMPANADA DE GRELOS
- Fussión Café GAGA FUSSION
- O Cuarto Camiño ARCO IRIS
- Bar Malpica ESPETO MORUNO
- Porto de Veiga MEXILÓNS AO PORTO
- Pachamama ALBONDEGAS CON QUEIXO AZUL
- O Roibén HAMBURGUESA ROIBEN
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario