“O Grupo municipal do BNG lamenta a actitude do PP, os nacionalistas e afirman que sen participación na negociación non pode haber acordos“
O Goberno popular de Fene ven de celebrar, o pasado venres, a primeira Mesa xeral de negociación entre a representación laboral e o goberno con exclusión por primeira vez do resto dos grupos políticos.
O BNG gobernou Fene durante 28 anos e nunca, nin coas 5 maiorías absolutas, excluíu deste xeito á oposición.
Os nacionalistas demandarán na vindeira comisión de persoal ter presenza directa na Mesa xeral de negociación ou do contrario non asumiremos proposta algunha nesta materia. Paralelamente á petición en Comisión, faremos chegar un escrito lembrándolle ao alcalde Gumersindo Galego que moitos temas son de aprobación no Pleno e o PP conta con 6 de 17 actas.
Por outra banda o Grupo municipal do BNG pedirá unha xuntanza coa representación dos traballadores e traballadoras para darlles a coñecer a nosa postura e tamén coñecer as propostas que se propuxeron para o debate.
No BNG pensamos que o PP quere ir aplicando unha política de feitos consumados, contando co apoio activo ou pasivo do PSOE como levan facendo todo este primeiro ano de mandato.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario