O secretario da escudería fenesa, Edgar Vigo, e a concelleira de Deportes de Fene, Rocío Bértoa, presentaron o evento este mediodía
Cincuenta pilotos, sete máis que na última edición, tomarán parte este sábado no polígono de Vilar do Colo no séptimo slalom Scratch Fene, proba de carácter nacional puntuable para o Campionato de Galicia de Slalom. Esta cifra supón acadar un novo récord, non só a nivel da propia proba senón de todo o campionato galego, segundo salientou este mediodía o secretario da escudería Scratch Fene, Edgar Vigo. Asemade, nesta sétima edición, o slalom de Fene volverá ter coeficiente 8 (máxima puntuación que outorga a Federación Galega de Automobilismo), sendo a proba que definirá o campionato galego.
O calendario de desenvolvemento do slalom será o seguinte:
HORA ACTO LUGAR
9:30-11:30 Verificacións administrativas e técnicas Vilar do Colo
12:00 Publicación da lista de autorizados a tomar a saída Taboleiro de avisos
12:30 Saída 1º participante Adestramentos 1 Vilar do Colo
16:30 Saída 1º participante Adestramentos 2 Vilar do Colo
18:30 Saída 1º participante 1ª Manga Oficial Vilar do Colo
a continuación Saída 1º participante 2ª Manga Oficial Vilar do Colo
22:00 Publicación de resultados Taboleiro de avisos
Premios e trofeos:
Xeral Scratch:
1º . . . 320 € , trofeo
2º . . . 220 € e trofeo
3º . . . 180 € e trofeo
4º . . ..170 € e trofeo
5º . . . .150 € e trofeo
6º . . . 120 € e trofeo
7º . . . 120 € e trofeo
8º . . . .110 € e trofeo
9º . . . .110 € e trofeo
10º . . .100 € e trofeo
. VII Trofeo DEBUTANTES
. VII Trofeo FEMININO
. V Trofeo SCRATCH FENE
A cada Agrupación
: 1º . . . . . . . . . . . . . Trofeo
Segundo salientou Edgar Vigo, dende que comezou a celebrarse o slalom Scratch Fene -primeiro en San Valentín e logo en Vilar do Colo- a escudería fenesa medrou a pasos axigantados, non só en número de inscritos por carreira senón en éxitos deportivos dos equipos participantes baixo as cores de Scratch Fene. Este ano, sen ir máis lonxe, o equipo afrontou por primeira vez un Campionato de España de Rallies de Asfalto, acadando con Fátima Ameneiro o seu primeiro título de campións de España de Copilotos Femininos. Ademais, un dos membros da escudería fenesa, Rubén García Naya, pelexará este sábado por acadar o Campionato de Galicia de Slalom (na actualidade ocupa o segundo posto).
Ademais de facer un chamamento para que todos os afeccionados/as cumpran coas recomendacións de seguridade previstas na proba, Edgar Vigo concluiu a súa intervención agradecendo ao Concello de Fene, á Deputación de A Coruña e a todos os pequenos comerciantes que colaboraron económicamente a súa participación no evento. “Esta foi unha gran tempada que pechamos cos 50 inscritos no slalom, o que premia o noso esforzo e adicación por este deporte”, afirmou Vigo.
Pola súa banda, a concelleira de Deportes de Fene, Rocío Bértoa, loubou o esforzo de Scratch Fene para que o slalom continúe celebrándose. Agradeceu ademais “que a escudería entenda a situación que se está vivindo económicamente” e amosou a disposición do actual equipo de goberno “para que o slalom se poida seguir facendo e cada vez con máis éxitos para a escudería de Fene”.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario