viernes, 2 de diciembre de 2011

APROBADAS AS SUBVENCIÓNS DO EXERCICIO DE 2010

En xuntanza ordinaria que tivo lugar o xoves, 1 de decembro, a Xunta de Goberno Local resolveu a convocatoria de concesión de subvencións a entidades, en réxime de concorrencia competitiva, correspondentes ao exercicio de 2010.

Segundo este acordo, as asociacións de nais e pais de alumnos, entidades culturais e entidades deportivas recibirán un total de 76.500 euros distribuídos do seguinte xeito: 6.500 euros para as ANPAS, 30.000 para as entidades culturais sen fins de lucro e 40.000 euros para as entidades deportivas.
Dende hoxe, as entidades que as solicitaron deberán xustificar o investimento da subvención cubrindo os modelos oficiais que se poden descargar dende a páxina web municipal (www.fenecidadan.net)

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario