Cubertas as prazas do primeiro obradoiro de “Fotografía e retoque dixital” e dado o interese espertado por esta actividade, que se traduciu en que a data de hoxe xa hai unha lista de agarda de 5 persoas, a Concellaría de Cultura e Xuventude convoca un novo cursiño que terá lugar os días 20, 22, 27, 29 e 30 de decembro, na Aula Municipal de Informática (Avenida de Naturais, 44, entrechán) en horario de 10:30 a 12:30 h.
Para este novo cursiño ofrécense as 5 prazas dispoñibles. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo nas instalacións do Pavillón Polideportivo da Xunqueira (San Valentín) do 14 ao 19 de decembro en horario de 10.30 a 12.30 horas (o mércores, 14 de decembro tamén en horario de 16.00 a 19.00 horas) e a cota de matriculación ascende a 10,90 €. As cinco prazas hanse cubrir por rigorosa orde de inscrición.
O obradoiro de "fotografía e retoque dixital”, enmarcado nas actividades programadas pola Concellaría de Cultura e Deportes para este Nadal, pretende dar a coñecer os fundamentos da fotografía dixital e do retoque destas imaxes a través de programas específicos. Nel, abordaranse os principios básicos da fotografía dixital (funcionamento da cámara; enfoque; mediación da luz; fotografía en interiores e exteriores,; procesamento da imaxe…etc.)
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario