jueves, 15 de diciembre de 2011

EXPOSICIÓN COLECTIVA DO “LICEO EUROPEO DE LAS ARTES” NA CASA DA CULTURA DE FENE

Teresa Barrós - Bandurria


Doce pintores/as da bisbarra participan nesta mostra que se inaugura o vindeiro luns

Os/as artistas Ana Ferreira, Antonio Rivas Pol, Avelino Castro, Carmen Soto, Carmen Torreiro, José Pena, Manuel Barro, Manuela Castro, María Dolores Parga, María Jesús Parga, Rafael Nadales e Teresa Barrós son os protagonistas da vindeira exposición que se amosará na Casa da Cultura de Fene (Avda de Conces, 20-22). A mostra inaugúrase o vindeiro luns, 19 de xaneiro, ás 19:30 horas e permanecerá nesta instalación municipal ata o vindeiro 7 de xaneiro. O horario de visitas será os días 19, 20 e 21 de decembro, de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 21:00 horas. A partir do día 22, o horario será únicamente de mañá, de 10:00 a 14:15 horas. Os domingos e festivos a Casa da Cultura permanecerá pechada.

Currículo dos participantes:

Ana Ferreira (Ferrol). Estudou Belas Artes na facultade de Pontevedra, exercendo na actualidade de profesora de plástica e debuxo técnico no colexio Tirso de Molina, en Ferrol. A súa obra oscila entre a figuración e a abstracción. Adoita inspirarse no entorno natural da Mariña (o mar, os faros, o vento….) “non só como interpretación plástica da paisaxe, senón como expresión do sentimento e a emoción persoal”. Realizou diferentes exposicións individuais e colectivas. Asemade, ten no seu haber o primeiro premio do certame Arte Burela 2007 e o segundo premio do XVI concurso de pintura Bello Piñeiro, entroutros.

Antonio Rivas Pol (A Pontenova – Lugo). Estudou Maxisterio en Lugo, carreira que exerceu ao longo da súa vida profesional en diversos lugares: Chantada (Lugo), Caborana (Asturias) e Ferrol onde reside na actualidade

Dende os anos oitenta, sente unha especial inclinación pola acuarela como expresión plástica, practicándoa de maneira autodidacta. Leva realizado 12 exposicións individuais e unha morea colectivas. A súa obra mereceu a atención do pintor asturiano Sellaño e de comentaristas como Trapero Pardo (do Progreso de Lugo), Rafael Vilaseca e Juana Luna Prieto (da Voz de Galicia), Suso López Piñeiro (do Diario de Ferrol), etc.
Elia Rico di, referíndose á súa obra: “Pol ten sempre moi presente a memoria persoal transformada pola imaxinación creativa de quen avanza con coidado polos símbolos da abstracción. Realidade e fantasía camiñan da man no seu mundo, completándose e acotándose continuamente. Optimismo nos horizontes de cores, soedade nas arbores espidas, realidade na pedra e na pizarra , soños nos ríos e augas de cristal...”

Avelino Castro (Ferrol). Pintor, ilustrador e escultor. Traballa coas técnicas do óleo, pastel, acuarela, acrílico, cera, carboncillo, tintas e técnicas mixtas. En escultura adoita empregar o granito, metais, arxila e madeira. Dende o ano 1969 está presente no mundo artístico a nivel rexional, nacional e internacional.
Recoñecementos: Gañador do certame de pintura “Cara al Mar. Ferrolvello 1975”; Primeiro premio de acuarela no certame provincial “La Coruña 1976”; Segundo premio do mesmo certame en óleo; Accessit no I certame de escultura “Guillermo Feal”; Seleccionado na bienal nacional de Pontevedra.
Académico asociado da Academia Internacional Greci Marino-Italia. Impulsor do evento multidisciplinar artístico As meninas de Canido . Arte na Rúa. Figura en diversas publicacións de artes plásticas a nivel nacional e internacional.

Carmen Soto (Ferrol). Iniciouse no mundo das Artes en Madrid, na escola realista de Ángel Oyarbide, discípulo de Antonio López Torres. Durante 24 anos exerceu como profesora de debuxo e pintura e preparación para Belas Artes en Santiago de Compostela. En xuño de 2006 xubilouse, voltando á súa cidade natal onde reside na actualidade. Foi galardoada con varios premios de pintura e conta no seu haber con numerosas exposicións, tanto individuais como colectivas, en Galicia e noutras partes de España. As súas obras figuran en diversos organismos oficiais e en coleccións públicas e privadas. Actualmente é a presidenta da Asociación “Liceo Europeo de las Artes”.

Carmen Torreiro Caridad. Pintora e grabadora, esencialmente autodidacta. Frecuenta os talleres dalgúns pintores españois e franceses. Ten realizado exposicións individuais e colectivas en España e Francia.

José Pena (Ferrol). É o menor dunha saga de paisaxistas ferroláns que se inicia co seu pai, o nomeado acuarelista Ricardo Pena. Xunto co seu irmán Ricardo, practica o xénero impresionista que, dende a infancia, “ impregnou o ambiente artístico dunha familia que ten na paisaxe galega a súa inspiración e xeito de expresión pictórica”. Pouco afeito ás exposicións, foi premio da SAF no II Certame de Pintura Xoven, e participou no Certame Nacional Xuvenil de Artes Plásticas, celebrado en Zaragoza no ano 1973. José Pena compaxinou o seu traballo -dentro do mundo do xornalismo na CRTVG- coa práctica da pintura “co único obxecto de disfrutar das grandes posibilidades que ofrecen á plástica os fermosos recunchos que nos brinda unha terra, Galicia, feita para ser pintada”.

Manuel Barro García (Ferrol). Pintor autodidacta. Tesoureiro do “Liceo Europeo de las Artes”. Membro fundador da “Asociación de Artistas de Narón”. Membro da “Sociedad Artística Ferrolana”. Artista colaborador da “Asociación Cultural Aires de Córdoba”. Ten realizado numerosas exposicións: en Ferrol (Centenario Real Coro Toxos e Froles, Centro Cultural Carballo Calero, Centro Comercial Porta Nova e colectiva co Liceo Europeo de Las Artes no local da Xunta do Porto); en Neda (no Concello e colectiva co Liceo Europeo de Las Artes no Hotel Rìo del Pozo); en Cambre (Concello); en Ortigueira (Concello); en Cospeito-Lugo (Concello); en Burela-Lugo (Colectiva co Liceo Europeo de Las Artes); en
Girona (Galerìa Art 22- Exposición Genios y Figuras – Ediciones Ecuador 21); en
El Vendrell – Tarragona (6ª Mostra Art Vila del Vendrell) e en Nápoles–Italia (Centro Diffusione Arte-Grandi Maestri – Edición 2010 (2º Premio).

Manuela Castro. (Ferrol). Pintora e profesora con influencias do campo impresionista. A súa obra (paisaxe, bodegóns, figuras, vexetais…), salienta pola variedade colorística e por unha luminosidade moi creativa e persoal. Desenvolve con oficio as técnicas do óleo, pastel, acuarela e acrílico. Xuizos críticos din da súa obras que “os seus ceos falan, a explosión de matices e cortes de trazo que realiza en cada nube fan que as súas celaxes inunden de expresividade as súas mariñas e paisaxes”. Ten realizado exposicións a nivel rexional, nacional e internacional: Toxos e Froles, Sala de Exposicións do Porto, Casino de Ferrol, Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol; centros comarcais de Cambados, Burela, A Estrada, Malpica, Ordes, Viveiro e Celanova; Concello de Ortigueira, Casa Colón de Huelva, Aires de Córdoba, Asociación de Artistas de A Coruña, Sala Ancora de Cedeira, Salón Art Shopping en el Carrousel du Louvre de París, etc. No seu currículo figuran recoñecementos e premios en diversos certames.

María Dolores Parga Cabezón. Iniciouse na pintura ao óleo da man do pintor ferrolán Antonio Fernández. Con posterioridade, realizou un curso de grabado calcográfico e xilografía no Museo de Belas Artes da Coruña. Os seus cadros xirán sobre a paisaxe tradicional galega, as mariñas e os bodegóns.
Foi seleccionada en diversos concursos e certames de pintura:“Bello Piñeiro” de Mugardos, “Vila de Cedeira”, Club Naval de Oficiales de Ferrol, Pintura e Deporte da Fundación Racing Club Ferrol, ARFAGA da Coruña, “Toxos e Froles”, etc. No ano 2002 acadou o terceiro premio no XII Concurso de Pintura “Bello Piñeiro”, Ayuntamiento de Mugardos. Ten participado en numerosas exposicións colectivas, entre elas, no Centro cultural Carballo Calero 2001, “La mujer en la Pintura 2002” que organizou a Autoridade Portuaria., exposición “Liceo de las Artes” Casa das Palmeiras de Neda, exposición de pintura e escultura en Ortigueira 2011, Grupo Liceo Europeo de las Artes… Asemade, ten realizado varias exposicións individuais: na Sala de exposicións do Café Avenida de Ferrol (2003), Asociación de Veciños Os Irmandiños de O Val-Narón (2004), Café Sevilla (2005), CC Carballo Calero (2006), Centro Cultural Fernando de los Ríos-Madrid (2007), Casa de las Palmeras-Neda (2008), IES Marqués de Suances (2009).

María Jesús Parga. Exposicións Colectivas: “Centro Cívico Carvalho Calero”; “Certame Bello Piñeiro”; “Club Naval de Oficiais”; “Casino Ferrolán”; “Casa das Palmeiras” do Concello de Neda; “Sala de exposicións” do Concello de Ortigueira; ”Sala de exposiciones” do Porto de Ferrol; “ Casa da Cultura” do Concello de Burela; Centro Comarcal de Tabeiros - Terra de Montes, A Estrada, etc.
Exposiciones Individuais: “Club de Campo de Ferrol”, “Casa das Palmeiras” do Concello de Neda.

Mariano Rafael Nadales López (Ferrol). Pintor e escultor. Vicepresidente do Liceo Europeo de las Artes, presidente da Asociación de Artistas de Narón, colaborador de arte da Asociación Aires de Córdoba, etc. Acadou distintos premios de arte a nivel nacional e internacional. Participou nas feiras de arte de New York, Shangai, Austria, Francia, Alemania de Colombia. Algunhas das súas obras de escultura amósanse na actualidade en distintas rotondas e puntos das cidades de Ferrol, Narón e Cospeiro.

María Teresa Barrós Lodeiro (A Coruña). Pintora e grabadora. Realizou o módulo de grabado calcográfico do “III Máster de Obra Gráfica 2006" e o de grabado Xilográfico do "IV Máster de Obra Gráfica 2007", ademais de diferentes cursos de grabado xilográfico, calcográfico e litográfico. Dende hai varios anos pertence á Asociación de Artistas de Ferrol (SAF) e á Asociación de Artistas de A Coruña na que forma parte da súa xunta directiva. Recentemente, incorporouse tamén ao Liceo Europeo de las Artes. Ten realizado numerosas exposicións en distintas cidades. A última foi na Galería Vieira Portuense de Oporto (Portugal).


Aquí les mostramos unas imágenes que estarán en la exposición

Rafael Nadales - Cósmico

María Jesús Parga

María Dolores Parga - Casa Nova - Irixoa

Manuela Castro

Manuel Barro

José Pena

Carmen Torreiro

Carmen Soto

Avelino Castro

Antonio Rivas Pol

Ana Ferreira

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario