As inscripcións recolleranse dende hoxe ata o vindeiro 19 de decembro no pavillón A Xunqueira de San Valentín
A “I Exhibición de baile moderno e bailes de salón”, un cursiño de Flag Football (fútbol americano sen contacto) e un cursiño de defensa persoal para mulleres, son algunhas das novidades que presenta a Concellería de Deportes do Concello de Fene para o vindeiro Nadal. A programación de actividades complétase con patinaxe (para nenos/as e adultos), deportes de raqueta (tenis e bádminton), aula de xogo no pavillón da Xunqueira e xogos acuáticos en familia na piscina municipal de Centieiras. A maiores, celebrarase un encontro das escolas deportivas municipais de baloncesto e minibasket de Fene coas escolas municipais de Ares e un campionato de fútbol sala destinado a rapaces/as de 14 anos en diante, así como adultos.
O período de inscripción para todas as actividades deportivas do Nadal do Concello de Fene prolongarase dende hoxe ata o vindeiro 19 de decembro (agás para o campionato de fútbol sala que rematará o 21 de decembro). Para anotarse, cómpre dirixirse ás dependencias administrativas do pavillón polideportivo da Xunqueira (San Valentín), de luns a venres, entre as 9:30 e as 13:30 horas, e os mércores tamén en horario de tarde, de 17:00 a 19:00 horas.
A programación deportiva de Nadal 2011/2012 do Concello de Fene está organizada pola Comisión de Cultura, Deportes e Xuventude coa colaboración das escolas de baile de Fene e comarca, do Club de Artes Marciais Fene, Concellería de Deportes de Ares, Amigos do Fútbol Sala do Concello de Fene e Floristería Lotto (Fene).
Máis información: na Concellería de Cultura e Deportes do Concello de Fene (Teléfonos: 607615962 ou 981340366), no pavillón polideportivo da Xunqueira de San Valentín (Teléfono: 981492804) ou na web do Concello (www.fenecidadan.net).
Descarga aquí el Programación Deportiva de Nadal 2011 /2012 Concello de Fene en PDF
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario