jueves, 17 de noviembre de 2011

Lorena Souto recibe este sábado o XXIV Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé


Fechas de celebración: 18/11/2011
Lugar: C.M.I. Unidade de Fene
Parroquia: Fene
Municipio: Fene
Comarca: de Ferrol
Provincia: A Coruña

Poesía e música son os principais ingredientes das xornadas culturais que organiza o Círculo Mercantil de Fene co gallo da entrega do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé. As actividades comezarán mañá venres, 18 de novembro, cun recital de poesía nas instalacións do CMI (ás 20:00 horas) e coa posterior actuación do grupo folk Fucoxavier. Xa o sábado, 19 de novembro, nos mesmo locais de San Paio, procederase á entrega do premio (ás 20:00 horas), para rematar a xornada cunha actuación da Rondalla Estrelecer.

O Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé foi instituído polo Círculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene para honrar a memoria de quen fora unha figura senlleira na defensa e promoción da literatura e da lingua de Galicia. O certame naceu no ano 1988 aínda que no 2005 deu un xiro, pasando a premiar un libro individual dun autor ou autora inédito/a (co obxectivo de abrir espazos para persoas que inician a súa andaina nas letras galegas). O premio conta coa colaboración do Concello de Fene e da Editorial Espiral Maior que é quen publica a a obra gañadora na súa colección de poesía.

Neste ano 2011 a gañadora do certame foi Lorena Souto, licenciada en Filoloxía pola Universidade de Santiago, e membro do consello de redacción da revista literaria Dorna. Lorena Souta naceu no Páramo no ano 1983 aínda que na actualidade reside en Compostela.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario