jueves, 17 de noviembre de 2011

FUCOXABIER PRESENTA ESTE VENRES NO CMI UNIDADE DE FENE “POR UNHA NOVA CANCIÓN”

Fechas de celebración: 18/11/2011
Lugar: C.M.I. Unidade de Fene
Parroquia: Fene
Municipio: Fene
Comarca: de Ferrol
Provincia: A Coruña

O concerto, previsto para as 20:00horas, encádrase dentro da programación cultural organizada ao redor da entrega do XXIV Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé.

“Musicalmente orixinario do mundo tradicional e folk, Fucoxabier foi tenor do Real Coro Toxos e Froles, e tamén membro de grupos como Os Chifros ou Amacuca, todos no entorno da comarca de Ferrol. Tras esta primeira etapa decide deixar a música á que volve nove anos despois co seu proxecto actual.
Trátase dunha aposta por reiventar a canción de autor (ou canción, a secas) en galego, fuxindo de tópicos e de enxebrismos. Cobran importancia por tanto os textos, nos que ademais de letras propias hai poesía e versión de temas esquecidos. Na parte musical aposta por unha estética convencional, con estilos que se moven entre o pop-rock, o folk, a balada, etc.
Sen ter aínda ningún disco editado, sí aportou temas a tres discos colectivos:
  • . “Once máis 15”, disco de poesía musicada (2009)
  • . “Pressing Catch: 12 cancións dende o ring”, cancións para o espectáculo teatral Pressing Catch, da compañía compostelá Berrobambán (2010)
  • . “A Coruña Son 10”, concerto peche do obradoiro de creación popular A Coruña Son (2010)

En directo preséntase como dúo: Fucoxabier (guitarra e voz) e Jorge Felpeto (piano).”

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario