jueves, 27 de octubre de 2011

ASINADAS SUBVENCIÓNS NOMINATIVAS DO ANO 2011

O Alcalde de Fene, Gumersindo P. Galego Feal, rubricou convenios de colaboración con diferentes asociacións por un importe total de 9.473 euros.

O salón de plenos da Casa do Concello de Fene acolleu a sinatura de sete convenios de colaboración entre o Concello de Fene e diferentes entidades por un importe total de 9.473 euros.
Trátase, dunha parte, das subvencións nominativas recollidas no orzamento municipal de 2011, subvencións teñen como finalidade contribuír ao desenvolvemento de programas e eventos que as entidades beneficiarias programan con carácter anual e que pola súa natureza e repercusión social precisan dun apoio económico estable diferenciado das subvencións en réxime de concorrencia competitiva.

As entidades e programas subvencionados son os que se relacionan de seguido:

ANPA CEIP Centieiras

  • Comedor escolar curso 2010-2011
  • 1.973,00 €
A.VV Limodre
  • Festa da Orella
  • 1.000,00 €
A.VV Magalofes
  • Festa do Cabalo
  • 1.500,00 €
A. Viquingos Río Castro
  • Festa Viquinga
  • 2.000,00 €
Liga Amigos Barallobre
  • Romaría Camiñante Descoñecido
  • 1.000,00 €
A. Micolóxica Viriato
  • Xornadas micolóxicas
  • 1.000,00 €
Escudería Scratch
  • Slalom Fene
  • 1.000,00 €
Na vindeira semana prevése a sinatura de novos convenios de colaboración por un importe total de 14.000 euros e dos que serán beneficiarias a Banda de Gaitas Airiños de Fene, o Centro de Promoción Social de San Valentín e Felicia, Asociación Cultural.

No hay comentarios:

Publicar un comentario