martes, 2 de noviembre de 2010

O BNG afirma que nas taxas e impostos non hai nin proposta, nin acordo e só vemos declaracións de intencións dun goberno esgotado

O portavoz do Grupo Municipal do BNG de
Fene, Manuel Polo, quere sair ao paso do que consideramos propaganda
gratuita do alcalde de Fene e do seu goberno no relativo ás taxas e
impostos do ano 2011. A día de hoxe nin hai proposta nin hai acordo
aprobado. No día de hoxe celebrouse unha Comisión extraordinaria de
Facenda na que non se aprobou taxa nin ordenanza algunha xa que non
figuraba na orde do día. Para o Pleno do vindeiro xoves, que aínda
non está convocado, non figura este asunto. O BNG na vontade de
facilitar a actualización das ordenanzas sentámonos a negociar o mes
pasado e fixemos propostas concretas. De feito entregamos polo
rexistro de entrada un documento con 7 puntos moi esclarecedores de
cal é a nosa postura. O único que observamos foi unha vontade do
concelleiro de Facenda de subir o IPC(2,1%) algunhas taxas e o 5% a
recolida do lixo e as actividades culturais e deportivas. No BNG non
compartimos esa idea e menos tendo en conta que son criterios
subxectivos e faltos de iniciativa e impulso no goberno local á hora
de facer propostas positivas para a xente. O desinteres que está a
ter o Alcalde en sacar este asunto adiante é de tal calibre que
observamos que vai ser materialmente imposible efectivizar proposta
algunha en tempo e forma, xa que como é sabido, o asunto ten que
tratarse nunha Comisión informativa extraordinaria, logo convocar un
Pleno extraordinario e logo remitir o acordo ao BOP e telo a
exposición pública 30 días hábiles e para rematar enviar o anuncio ao
BOE. Para cubrir este percorrido administrativo había que ter
aprobados os novos documentos fiscais como moi tarde esta semana o
cal xa vemos que non vai ser viábel. O BNG anima ao Alcalde a poñerse
a traballar e sacar algún acordo en tempo e forma e sobre todo nun
asunto tan importante como as ordenanzas fiscais do próximo ano. É
posibel acadar un acordo pero traballando ordenanza a ordenanza,
actualizando textos, mellorando a progresividade impositiva,
facilitando o fraccionamento dos pagamentos, mellorando os padrons e
outras consideracións que temos feitas desde o BNG.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario