jueves, 30 de septiembre de 2010

O Concello de Fene abre o prazo de inscrición para as escolas culturais municipais

A matriculación realizarase do venres 1 ao xoves 7 de outubro nas dependencias administrativas do Pavillón A Xunqueira (os días 1, 4 e 5 de outubro poderán anotarse as persoas residentes en Fene e o 6 e 7 de outubro, a poboación en xeral). O horario de atención ao público será de 9:00h a 13:30 h. (todos os días) e de 16:00 h a 19:00 h (o mércores 6 de outubro).

Dende a Concellería de Cultura lémbrase que oferta de escolas culturais para o curso 2010-2011 pasa por actividades coma solfexo e piano, iniciación e perfeccionamento á guitarra, informática, teatro, iniciación ao francés, xogarte e obradoiro literario.

A maiores, entre os meses de outubro e decembro de 2010 celebraranse catro obradoiros de “alfabetización informática” dirixidos á poboación adulta (dous de nivel básico e outros dous de nivel medio). O prazo de inscrición para estas actividades estará aberto entre o 1 e o 8 de outubro nas dependencias administrativas do Departamento de Cultura, Deportes e Xuventude (Avda. Naturais, 44, entrechán dereita), en horario de 9:30h. a 13:30h. O mércores día 6, tamén en horario de tarde, de 16:30h. a 18:30h. As prazas (10 por cada obradoiro) cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario