O venres, 1 de outubro, póñense en marcha as escolas deportivas de aerobic, rehabilitación funcional, ioga, ximnasia rítmica, baloncesto e pilates. Nos vindeiros días comezarán tamén a funcionar as restantes escolas (bailes de salón, fútbol sete, educación física de base, karate, etc.) ademais dos obradoiros deportivos (de educación física contra a fatiga oncolóxica) e todas as escolas da piscina municipal.
Ao redor de mil trescentas persoas matriculáronse este ano nas escolas deportivas municipais do Concello de Fene. Rematado o prazo de inscrición, dende a Concellería de Deportes cífrase en 1.272 o número de matriculados neste curso nas distintas actividades do pavillón “A Xunqueira”, piscina de Centieiras e demais instalacións municipais (sen contar as 12 persoas se apuntaron ao Obradoiro de Educación Física contra a fatiga oncolóxica e as 9 alumnas da escola de ximnasia rítmica que quedaron en lista da espera aínda que pendentes dunha reestructuración de grupos para dar cabida a novas inscricións).
Cómpre salientar a elevada porcentaxe de matriculación sobre o número de prazas totais ofertadas para este curso na piscina municipal de Centieiras (91,36 %). Na meirande parte das actividades, cubríronse todas as prazas (quedando únicamente algunhas libres nalgún dos grupos de Iniciación e Perfeccionamento Adultos, Iniciación e Perfeccionamento Infantil, Natación 3ª Idade, Natación Embarazadas e Natación Terpéutica combinada con Rehabilitación Funcional). Ademais, a día de hoxe, 108 usuari@s figuran en lista de espera nas distintas escolas da piscina de Centieiras.
Polo que respecta ás escolas deportivas do pavillón da Xunqueira, a porcentaxe de matriculación ronda este ano 83 %, quedando aínda algunha praza libre en Bailes de salón Infantil, Danza do Ventre, Iniciación ao Baloncesto, Ioga, Minibasket, Rehabilitación Funcional e Ximnasia Rítmica, así como no Obradoiro de E.F. contra a Fatiga Oncolóxica. O número de usuari@s inscritos en lista de espera nas escolas do pavillón municipal “A Xunqueira” ascende a 30.
Por último, a porcentaxe de matriculación nas escolas deportivas fóra do pavillón e piscina, sitúase no arranque deste novo curso 2010-2011 no 84,61 %. Dende a Concellería de Deportes lembran que aínda quedan prazas libres en Aerobic Infantil (nos colexios Centieiras e A Xunqueira), E.F. de base, Fútbol 7, Ioga 3ª Idade, Judo e Kárate. Neste caso, o número de usuari@s que quedaron en lista de espera ascende a 11.
No hay comentarios:
Publicar un comentario