jueves, 5 de agosto de 2010

O BNG afirma que Fene conta cun goberno sen proxectos e de vacacións

No Pleno municipal de agosto: moitas mocións e pouca xestión

Á vista da orde do día pódese ver como o Pleno ordinario de agosto transfórmase en extraordinario para non “perder “ a tarde. Definitivamente estamos a constatar desde o BNG que o concello de Fene desde maio de 2007 está de vacacións. O goberno liderado polo socialista Puentes está esgotado, non atende nin escoita aos veciños.

No BNG, vimos denunciando a nula actividade do goberno que se traslada a Plenos como o de hoxe que tan so leva a aprobar a Conta xeral do 2009, documento técnico que describe con toda crudeza a mala xestión económica do concello no ano pasado, con moitas advertencias de irregularidades nas contratacións e compras. A conta xeral 2009 resume como a ineficacia do PSOE “aforra”, no concello de Fene, non pagando o que debe en facturas a provedores por 1 millón de € e non facendo obras de máis de 1,5 millóns de € procedentes de fondos da deputación.

O documento bota por terra o programa do PSOE de contención da débeda.
O goberno socialista, segundo o documento, ten unha débeda bancaria próxima aos 3 millóns de € e unha débeda a provedores de algo máis de 1 millón. O preocupante desta situación é que o concello aforra en números netos porque non paga e non inviste o comprometido e aprobado para obras.

Por outra banda o documento deixa claro que os procedementos de contratación de obras e servizos son pasados por riba con moita frecuencia, incluso advirtese que se pagaron gastos saltandose todos os procedementos legais.

Asimesmo se inclúen na orde do día 7 mocións 3 do BNG 3 do Psoe e 1 do PP e rogos e preguntas.

Nas mocións, destacamos que o BNG sacou adiante todas as súas inciciativas, nas que insta ao Alcalde a facer xestións para manter a aberta todo o ano a oficina de Caixa Galicia en San Valentín, ademais presentamos outras dúas mocións unha para que a Xunta varie as bases polas que subvencióna os Centros de Información á Muller, xa que estas levarán a moitos concellos a ter que pechar este servizo. Por último presentamos outra moción para que o goberno da Xunta desenvolva a lei de servizos sociais, e amplie e mellore estes servizos equiparándoos á sanidade e a educación.

Nos rogos e preguntas demandamos un informe das obras da demarcación de costas na praia de rio Sandeo e reclamamos melloras nos accesos ás praias así como unha actuación urxente de desrratización do río Cádavo ao seu paso por Fene e Perlío.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario