viernes, 13 de agosto de 2010

I ABERTO DE BILLARDA EN FENE


O BNG de Fene e a organización xuvenil nacionalista Galiza Nova organizan hoy venres 13 de agosto, de 19 a 21:30 horas o primeiro encontro Aberto de Billarda de Fene. Celebrarase na rúa do concello e pretendemos que se achegue todo o mundo interesado en coñecer este deporte popular. A actividade é totalmente aberta e interxeneracional cun obxetivo claro; pasalo ben.

Os xogos populares son un sinal de identidade da nosa cultura e un punto de encontro marvilloso para favorecer a participación.
Desde o BNG e Galiza Nova de Fene queremos convidar a todo o mundo a pasar unha tarde de xolda batendo nas bllas. Haberá música en vivo e tamén pichos para o participantes. As inscricións son individuais e faranse ás 19:00 antes do comezo da actividade.
--

No hay comentarios:

Publicar un comentario